Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 13:46
Decenas de estudantes de Odontoloxía maniféstanse este luns nas rúas da capital galega para denunciar a "discriminación" á que ven sometidos no proceso de vacinación contra a covid-19 organizado polo Servizo Galego de Saúde. A protesta, organizada pola Asociación de Estudantes de Odontoloxía de Santiago de Compostela (AEOS), arrincou cunha concentración ante a propia sede da Consellería de Sanidade.
Alí déronse cita varias decenas de alumnos desta titulación acudiron ataviados coas súas batas e máscaras de traballo para instar ao Sergas a incluílos dunha vez no seu plan de inmunización, entre consignas como 'Feijóo, escoita, Odonto está en loita' ou 'Menos falar e máis vacinar'.
Cristina Sevilla, estudante de cuarto desta titulación e presidenta da asociación de alumnos, explicou en declaracións aos medios que Odontoloxía é a única das carreiras sanitarias que non está a ser vacinada, a diferenza dos seus compañeiros de Medicina, Enfermaría, Psicoloxía, Podoloxía, Óptica e Farmacia.
Todo iso a pesar de que se sitúan "na primeira liña", con pacientes sen máscara e "moi preto da boca" e o risco que iso supón polos aerosois, que son "a principal fonte de contaxio" por covid-19.
COMO O RESTO DE CARREIRAS
Os alumnos contactaron coa Consellería hai dous meses, ademais de co decanato e a xerencia da Universidade de Santiago, pero só obtiveron un "absoluto silencio" en resposta ás súas peticións. O argumento trasladado para negarlles a vacina, explicou, é que eles non participan nas prácticas en hospitais.
A representante dos alumnos lembrou, respecto diso, que a facultade de Odontoloxía atende a persoas "que non teñen recursos para pagar unha clínica privada" e que os alumnos de terceiro, cuarto e quinto "teñen prácticas clínicas", algúns con pacientes "todos os días" e mesmo dous ou tres na mesma mañá. Neste sentido, valorou o bo funcionamento dos protocolos de seguridade na facultade e o traballo do coordinador covid para evitar contaxios, pero que doutra banda lles obriga a usar desde dobre máscara ata pantalla e lentes.
"Estannos a quitar pacientes xustamente por non estar vacinadas e por non ter unha situación de seguridade na facultade", apunta a presidenca de AEOS, Cristina Sevilla. A exclusión do plan de vacinación repercute tamén na formación académica, pois hai unha redución no número de pacientes e as prácticas en hospital destindaas ao alumando de 2º están canceladas, así como non se ofertan as prácticas de verán no SERGAS.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.