O sector da verbena mobilízase para pedir á Xunta unha desescalada

A manifestación do sector chega pouco despois de que Sanidade puxera data á apertura das discotecas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Un centenar de integrantes do sector de servizos de festas populares e verbenas concentrouse este mércores ante o Parlamento de Galicia para esixir á Xunta que os reciba para acordar unha "desescalada segura" para poder pór en marcha estes eventos e reclamou axudas tras máis dun ano sen poder traballar.

Os representantes deste sector, que se concentraron con pancartas nas que se puido ler 'Primeiro sector parado e abandonado', rexistraron un escrito na Cámara galega a través do que pediron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "por favor" os "atenda". Así, os presentes criticaron que antes das eleccións autonómicas celebradas o 12 de xullo de 2020, tras a primeira onda da pandemia, si eran recibidos polo Goberno galego. Con todo, censuraron que estes encontros finalizaron unha vez que se celebraron os comicios.

En declaracións aos medios ante o Pazo do Hórreo, o presidente de Serfega, José Veiga, explicou que o sector integra en Galicia a unhas 450 empresas que participan na execución dos festexos e que levan parados desde a declaración do estado de alarma o marzo de 2020.

Varios traballadores do sector galego de festas e verbenas participan cunha pancarta nunha concentración, a 28 de abril de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, (España). A protesta, convocada pola asociación Servizos de Festas de G. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varios traballadores do sector galego de festas e verbenas participan cunha pancarta nunha concentración, a 28 de abril de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, (España). A protesta, convocada pola asociación Servizos de Festas de G. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta