A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán conmemora este mércores o centenario da morte da autora

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

Con motivo do centenario do falecemento da autora galega, a Real Academia Galega (RAG) e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán conmemoran este mércores a vida e obra da escritora cun acto na que especialistas na súa figura compartirán protagonismo con alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán.

O acto comezará ás 11,00 horas no salón de actos da RAG, e concluirá coa entrega dos premios do I Certame de relato breve 'A Erbeda', organizado pola asociación de veciños 'As nosas lareiras, de Palavea, coa colaboración da Academia. Nun comunicado, a RAG anuncia que o acto consistirá nunha lectura colectiva de textos cos que "pretenden mostrar a variedade de rexistros que Emilia Pardo Bazán cultivou ao longo da súa vida.

A conmemoración contará coa participación do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o concelleiro da Coruña José Mnauel Lage Tuñas, a académica Marilar Aleixandre, a conservadora da Casa-Museo, Xulia Santiso, o editor Eduardo Riestra, a profesora da Universidade da Coruña especialista en estudos de xénero, Antía Pérez Caramés, e a profesora do IES Otero Pedrayo, Begoña Valdés Rodríguez.

Ademais deste acto, tanto a RAG como Casa-Museo deseñaron unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o ano e que terá como actividade central a celebración do Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán a finais de outubro, coincidindo coa chegada A Coruña da exposición 'Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade'.

A Biblioteca Histórica Municipal de Madrid acolle unha exposición das obras que conserva de Emilia Pardo Bazán. CONCELLO DE MADRID
A Biblioteca Histórica Municipal de Madrid acolle unha exposición das obras que conserva de Emilia Pardo Bazán. CONCELLO DE MADRID

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta