Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/05/2021 | Actualizada ás 18:51
Máis de 20 colectivos e plataformas apoian a convocatoria dunha manifestación o próximo 5 de xuño en Santiago de Compostela para denunciar a "invasión eólica que sofre Galicia".
A marcha, que coincidirá co Día Mundial do Medio Ambiente, será presentada o vindeiro venres nunha rolda de prensa que terá lugar na capital galega.
O obxectivo, segundo avanzan os promotores da manifestación, é "expresar o amplo rexeitamento da sociedade galega ante a actual invasión eólica que sofre Galicia".
Entre os convocantes da protesta figuran colectivos ecoloxistas (Adega, Amigos da Terra, FEG ou Amigos das Árbores de Ourense), sindicatos (CIG, SLG e Fruga) e plataforams veciñais (Calo Rural, Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, Aldeas Libres de Macroeólicos, etc.).
Por outra banda, 80 dos 200 veciños que residen na parroquia de Fervenzas, en Aranga (A Coruña), presentaron alegacións ao proxecto eólico do Monte do Gato, neste mesmo concello da comarca de Betanzos.
As alegacións foron recollidas pola plataforma veciñal 'Aire limpo nas Mariñas-Mandeo', segundo informa o propio colectivo, que asegura que a presentación destes documentos provocou "o colpaso" do rexistro municipal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.