A "cobiza" dos eólicos: "Galicia xa é a comunidade con máis aeroxeradores por habitante"

O SLG denuncia que o actual modelo eólico obrigará a abandonar o rural: "non se vai poder vivir nel con muíños de 200 metros perto das nosas vivendas".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

A pouco menos de un ano de que Núñez Feijóo revalidara a súa maioría absoluta á fronte do Parlamento de Galicia, a ofensiva do goberno ‘popular’ no tocante á enerxía eólica vai camiño de trocar na principal reivindicación que una ao tecido asociativo galego nas mobilizacións vindeiras. Plataformas veciñais, sindicais e ecoloxistas veñen de anunciar que sumarán forzas o vindeiro sábado 5 nunha manifestación contra a “invasión eólica” de Galicia.

Parque eólico de Naturgy na Pastoriza (Lugo)
Parque eólico de Naturgy na Pastoriza (Lugo) | Fonte: NATURGY

O epíteto vén da man do Sindicato Labrego Galego, unha das plataformas en primeira liña contra o que diversos actores da sociedade civil e política censuraron xa como “espolio enerxético”. Dende o SLG critican que a nova vaga de eólicos que hoxe percorre Galicia chegue tratándose esta da Comunidade con “maior número do aeroxeradores por habitante” de todo o Estado. 

“En 2020, a potencia instalada aquí acadou os 130 kW/km2, fronte os 54 kW/km2 do Estado español, ou os 72 kW/km2 de Alemaña”, destacan dende o sindicato, que cifran en 4000 os muíños de vento asentados sobre os montes galegos. “Neste momento xa superamos os 100 concellos con estacións eólicas”, destacan. 

A esta cifra, elevada de por si, sumaríanselle agora uns novos plans tramitados pola Xunta de Galicia en colaboración co Goberno central e que poderían elevar ata 10.000 os MW operativos en 2030, é dicir, o dobre da actual. “A cobiza do lobby enerxético en Galiza non ten límite”, destacan dende a formación, que aseguran que esta duplicación terá lugar “ampliando as áreas de expansión eólica a vales, zonas húmidas,  agras, primeira liña de costa e, incluso, preto dos núcleos de poboación, a carón das nosas casas”.

"MENTIRAS E MÁIS MENTIRAS"

A proximidade aos núcleos de poboación viría supoñendo un dos principais problemas que, a ollos destas plataformas, penden sobre o actual modelo de desenvolvemento eólico de Galicia. Neste cúmulo de “mentiras e máis mentiras”, o SLG desestima as promesas de postos de traballo que, segundo destacan, adoitan aparellar estas promocións.Máis ben ímonos ir do rural porque non se vai poder vivir nel con muiños perto das nosas vivendas de 200 metros de altura”, aseguran.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ferroviario

Home nen que houbera un aeroxenerador ao carón de cada vivenda. Dicir que os aeroxeneradores " obrigarán" a abandonar o rural é un pouco disparatado, porque os aeroxeneradores están no monte,non ao lado das casas E decir que son un " espolio" de Galicia tamén é moi exaxerado, porque eu non vexo onde está ou en que consiste ese suposto " espolio". O machaconeo co tema soa a campaña política.

1 ze dos mudos

antes estaban no monte.Hai proxectos a 500 m de aldeas,de turbinas de case 200 m,e non 1 nin 2,moitos