A Real Filharmonía arrinca este xoves en Santiago a súa nova tempada con "Hildegart", estrea do vigués Juan Durán

O ballet conta a historia da adolescente referente do feminismo en Europa que foi asasinada pola súa propia nai.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A Real Filharmonía de Galicia arrincará este xoves en Santiago de Compostela a súa nova tempada, que levará por título 'Viaxes', e farao coa estrea mundial de 'Hildegart', obra do compositor vigués Juan Durán.

O concerto será o xoves ás 20,30 horas no Auditorio de Galicia, aínda que tamén se poderá seguir por 'streaming'. As entradas para o público non abonado estarán dispoñibles na web www.compostelacultura.gal a partir das 11,00 da mañá do mesmo día do concerto.

O venres repetirase no Auditorio de Ferrol, tamén ás 20:30 horas, froito da colaboración que a Real Filharmonía de Galicia mantén coa Sociedade Filarmónica Ferrolá.

O ballet 'Hildegart', de Juan Durán --compositor vigués galardoado co Premio da Cultura Galega 2013 e co Premio Reina Sofía de Composición 2018, entre outros-- conta a historia da ferrolá Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-1933), unha adolescente referente do feminismo en Europa que foi asasinada pola súa propia nai.

Antes do concerto do xoves, que se enmarca na programación do Xacobeo 2021-2022, o público poderá manter unha charla previa --ás 19,45 horas-- con Durán e co director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel.

Arquivo - O compositor vigués Juan Durán.. ALBERTO BANDIN - Arquivo
Arquivo - O compositor vigués Juan Durán.. ALBERTO BANDIN - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Andrea López

A los que aplauden esta música (que prefiero no tener que calificar), solo porque la firma un compositor que disfruta de un puesto a dedo en la Xunta, habría que recordarles la frase que pronunció hace unos días Alfonso Guerra: "algunos aplauden a una cabra Cada uno elige quién le representa mejor"...