A sanidade galega "colapsada"; médicos contaxiados, falta de persoal e as urxencias desbordadas

Tal é a situación de colapso e caos que o persoal sanitario do CHUAC anuncia unha folga este xoves para denunciar a "incompetencia" da Xunta e lembrarlle á cidadanía que "seguen na primeira liña" do combate da covid. A Xunta anuncia que rerforzará a atención primaria.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 28/12/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

"Colapsados", "desbodados", "exhaustos"... Así din sentirse os sanitarios que estes días non dan a basto coa repunta de casos e a falta, din, de previsión por parte do Sergas para facer fronte a unha nova vaga, a sexta, que está deixando cifras récord de contaxios, pero tamén, de desorganización nas institucións sanitarias e no sistema de rastreo.

Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares están na primeira liña de loita contra o coronavirus Covid-19
Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares están na primeira liña de loita contra o coronavirus Covid-19 | Fonte: EFE

Unha situación que tamén está desbordando á atención primaria. Fontes sanitarias apuntan de que só en Ribeira  este 28 de decembro houbo 414 positivos. O propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña recoñecía unha "situación difícil" dos centros de atención primaria e destacaba que o Sergas vaise volcar en poñer medios a estes centros.

A covid tamén está pasando factura aos propios profesionais da sanidade. O persoal xa mostra sintomas de esgotamento, pola falta de dias de libre disposición e vacacións, a imposibilidade de contratacións e o contaxio de moito do persoal sanitario nas distintas áreas.

Para aliviar esta tensión hospitalaria, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzaba este martes que unha das medidas que se planifican para o desconxestionamento da atención primaria ante o aumento "explosivo" dos casos positivos sexa a validación do test que se realizan en domicilios, sen que se necesite a PCR de validación.

"Con este ritmo de contaxios, desde a Xunta temos que prever repercusións e tomar medidas, porque pode levar ao sistema público a un risco en dúas vertentes asistenciais, que poderían resentir a saúde colectiva, por unha banda a presión asistencial e, por outro, a atención primaria", apuntou o conselleiro de Sanidade. Por iso, pediulle á poboación que evite desprazamentos aos centros de saúde se teñen síntomas e o de tratar desconxestionar a atención primaria.

PROBLEMAS EN DISTINTOS HOSPITAIS

A situación nas áreas sanitarias da Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago "é mala". De feito, no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra  "hai unha chea de positivos" entre os propios sanitarios. "Non podemos cubrir as gardas", din fontes sanitarias a GC.  Tamén no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña  (CHUAC) denuncian que a Xerencia non contrata máis profesionais e a plantilla é insuficiente para atender á xente. "Non lles deixan librar nin descansar e non contratan descubertos para garantir a adecuada atención dos doentes", denuncia.

Tal é a situación de colapso e caos que o persoal sanitario do CHUAC anuncia unha folga este xoves, iniciando a súa protesta cunha marcha na porta de urxencias deste hospital para denunciar a "incompetencia" da Xunta. De feito, piden a comprensión e a axuda da cidadanía nestes duros momentos. "Somos os mesmos que loitaron por ti nesta pandemia sen medios e sen descanso", lembran.

"COLAPSO"

"A situación é desbordante e case colapso nalgunhas zonas", apunta un médico consultado por GC que suliña que nalgunhas áreas empézase a acusar a "falta de persoal" pola necesidade que Sanidade ten por manter a situación de control nos hospitais Así, lembra que na área Sanitaria da Coruña estanse denegando permisos e vacacións a moitos sanitarios e en atención primaria, os centro de saúde que só tiñan horario de mañá, agora tamén atenden polas tardes.

"Nalgúns Hospitais como en Vigo e en Pontevedra, empezan a suspenderse novamente as cirurxías comúns e ordinarias", destaca ao suliñar que a falta de persoal é evidente e a de poder contratar "aínda máis".

Tal é a situación de colapso que o propio Goberno Central lanzou na última reunión mantida cos membros da Xunta Interterritorial a posibilidade de contratar médicos extracomunitarios. Unha situaicón que rexeitan os distintos colexios médicos a traves dos seus onsellos territoriais porque consideran que isto non é unha garantía para a saúde e a vida das persoas e para o actual sistema sanitario.

O PEOR ESTÁ POR CHEGAR

"Días atrás víñase falando de que estabamos afrontando o pico da pandemia e non é certo, porque o peor espérase para despues destas datas, probablemente para mediados do mes de xaneiro, o que aínda empeora a situación do mapa sanitario galego, sen que ninguén ofreza solucións respecto diso", apuntan fontes sanitarias consultadas. 

Así, destacan que a vacina non é a "panacea", axuda a que a situación non sexa tan grave pero lembran que a nova variante é máis expansiva e máis agresiva no contaxio e que segue sen ofrecer calma entre as propias autoridades sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Desalienardo

Teño unha caixa de zapatos a modo de furna e un sobre con voto PP das locais do 91, práctico os domingos pola mañan a modalidade de voto no sobre, do acarreo, e voto de ir a mesa ou cabina e meter no sobre. Yolanda, sorte que son tamén de CCOO

3 Mac

Eu debo de vivir noutra Galicia CHUAC, consultas externas, fun onte, normalidade. PAC, o venres pasado, normalidade.

1 Violeta

Si. Debes de vivir noutra. Falamos de Urxencias, onde os pacientes teñen que estar nos corredores varios días coas do súas noites, agardando por unha cama antes de ser ingresados... E o persoal desbordado, esgotado...Normalidade????

2 Violeta

Urxencias colapsadas con pacientes en camas polos corredores día e noite. Persoal desbordado.... Normalidade????

2 Gamela

Un ano antes da pandemia xa estaba colapsada a Atención Primaria Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk // 27-12-2018 // Logo de 2 anos de pandemia a cousa segue igual ou peor, pero semella que todo o mundo está encantado chamando por teléfono dende fóra e dende dentro do SERGAS ! Se a medicina é un Call Center deberamos aforrar un chéa de cartos públicos ! Se tes síntomas queda na casa, e cando morrar avisa á Funeraria !

1 F. Rodríguez

En cambio los centenares de liberados sindicales del SERGAS siguen sin dar golpe. Alberto, cuando los vas a poner a trabajar?

1 Sentidiño

Son cento cincuenta persoas liberadas en total en Galicia (sen contar a administración do estado): administración autonómica, profesorado do ensino obrigatorio, sanidade, protección civil, policía autonómica, universidades, persoal veterinario, persoal de xustiza,...etc etc etc Por resumir: o chiculate do Ravachol.

2 F. Rodriguez

Si tu reconoces 150, en realidad no bajan de 600, a los que habría que sumar asesores, enchufados, cuñados y parientes que ayudan con pago de servicios en diversas especies. En tiempos de crisis es inadmisible tener semejante cantidad de vividores rañándola. A trabajar todos en algo útil, diputados autonómicos incluidos.

3 Sentidiño

Viva o método científico! Por certo, un xornal comunista como El Mundo calcula un liberado por cada 1500 traballadores.

4 F. Rodriguez

Sentidiño, lo tuyo no son las matemáticas, porque me estás dando la razón. Si en Galicia hay aproximadamente un millón cien mil trabajadores, con la proporción que cuentas, hay 733 liberados sindicales. Todos sabemos que la inmensa mayoría son del sector público, con lo cual es todavía peor de que señalaba. Los 733 liberados sindicales de Galicia, a trabajar YA.