Documento- As subvencións ós medios

Non por recurrente deixa de ser noticia os cartos que os grupos mediaticos galegos reciben da Xunta. Desta vez, Galicia Confidencial tivo acceso a un documento sobre os cartos que recibiron de Presidencia da Xunta os medios da comunidade ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2005, aínda que non aparecen reflectidas todas as partidas xa que algunhas delas son froito de convenios bilaterais concretos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/09/2007 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Faro de Vigo, S.A. obtivo 145.000 euros, Editorial Compostela, S.A., 95.000 e El Progreso de Lugo, S.L., 60.000. Pola súa banda, cinco emisoras asociadas á Cadena Ser recibiron 50.000 euros; 20.000 para Radio Coruña, 12.000 para Radio Vigo, 3.000 para Radio Ourense, 9.000 para Radio Pontevedra e 6.000 para Radio Lugo.

La Región obtivo 42.500; Editorial La Capital, 40.000 euros; Ediciones Lérez (Editor de Diario de Pontevedra), 30.000; La Opinión de A Coruña, 23.500; Radio Galicia, 2.468; Cadena Cope, 20.000; Onda Cero, 12.000; Axencia Galega de Nocias, 5.000; Europa Press Delegaciones, 5.000 e Interdix Galicia, 2.000.

Presidencia desestimou a solicitude de axuda á empresa Rías Baixas de Comunicación, S.A., por "non contestar o requerimento de documentación incompleta no prazo de 10 días, relativa a acreditación do establecido no artigo 5º.A.6 da orde que regula a concesión de axudas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

19 anxo

brian, Losada e rofesor e periodista, e probablemente moi bon, naide lle pode cuestionara a naide as suas virtudes. Outra cousa e que te nombren para un cargo e perder os papeis ata tal punto que a xente tema que pases ó seu lao. Un directivo ten que ter ideas e outras cousas pero debe de saber manexar ó persoal, incentivalo e convencer ca sua autoridade e cos seus argumentos, tampouco se pode actuar cos métodos coercitivos propios de Franco, Chávez ou Fidel. A o mellor pérdese un bo profesional estando de secretario xeral. Os comentarios da xente non se poden tomar como unha cruzada contra as persoas senón unha crítica expresando o que se pensa. dende logo seguro que non e o pior, seguro.
Xandokas, agora que está o psoe e o bloque e ata que non haia relevo, polo menos que se poida respirar aire fresco que era o que pretendía o cambio, o problema e que o aire e irrespirable.

18 .

E logo non olvidemos a creación de panfletos como os da época fraguista, como é o caso do Infoxove, que lle da moitos cartiños a dous grupos de comunicación que, curiosamente, non figuran como subvencións... (a vella historia dos cans pelexando por imprimir o DOG)

17 Xandokas

... polo menos deran as subencións por cm2. de xornal escrito en galego,.... pero nin esas!!
Por favor, .... que volva o PP.

16 Xandokas

... a que o Xosé Manuel é un alto cargo da Xunta Bipartita!

15 can

Tamén se podería facer algún reportaxiño coa publicidade ¿institucional? das consellerías do Bloque a xornais con tanta difusión como Vieiros, Xornal.com, Chuza.org etc, etc... Supoño que se fará con criterios profesionais primando a audiencia e a difusión dos portais ¿informativos? Tal vez sí, en total chegarán a 15 lectores, entre todos claros. Por qué galicia confidencial non ten baners das consellerías nacionalistas? Esto é unha inxustiza... Por certo alguén sabe como fraccionaba os contratos Losada para seguir untando ós medios? Sé o saben que o publiquen e senón que sigan investigando. Gracias.