Documento- As subvencións ós medios

Non por recurrente deixa de ser noticia os cartos que os grupos mediaticos galegos reciben da Xunta. Desta vez, Galicia Confidencial tivo acceso a un documento sobre os cartos que recibiron de Presidencia da Xunta os medios da comunidade ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2005, aínda que non aparecen reflectidas todas as partidas xa que algunhas delas son froito de convenios bilaterais concretos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/09/2007 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Faro de Vigo, S.A. obtivo 145.000 euros, Editorial Compostela, S.A., 95.000 e El Progreso de Lugo, S.L., 60.000. Pola súa banda, cinco emisoras asociadas á Cadena Ser recibiron 50.000 euros; 20.000 para Radio Coruña, 12.000 para Radio Vigo, 3.000 para Radio Ourense, 9.000 para Radio Pontevedra e 6.000 para Radio Lugo.

La Región obtivo 42.500; Editorial La Capital, 40.000 euros; Ediciones Lérez (Editor de Diario de Pontevedra), 30.000; La Opinión de A Coruña, 23.500; Radio Galicia, 2.468; Cadena Cope, 20.000; Onda Cero, 12.000; Axencia Galega de Nocias, 5.000; Europa Press Delegaciones, 5.000 e Interdix Galicia, 2.000.

Presidencia desestimou a solicitude de axuda á empresa Rías Baixas de Comunicación, S.A., por "non contestar o requerimento de documentación incompleta no prazo de 10 días, relativa a acreditación do establecido no artigo 5º.A.6 da orde que regula a concesión de axudas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

14 cousas

Xosé Manuel, todo segue igual... o que pasa é que non convén remexer. As bolsas, os contratos precarios maquillados, a creación de "postos de confianza", as produtoras, etc. E, en canto ó de ignorar ó Colexio de Xornalistas, cal foi a reacción á ètición de que rematase o "reparto partidario dos medios públicos"? Que dende aquela (11 de setembro)Quintana apareceu en:
- HAI DEBATE (que case mellor que non aparecese, polo daquela máxima marxista (Groucho) de que máis val estar calado e parecer parvo que falar e despexa-las dúbidas.
- Dicindo que, Ula crise, que eu non a vexo. Perdemos nós, coma sempre, pero porque queremos. PARA O PSOE, LA VIDA SIGUE IGUAL e Touriño reafírmase en que o pacto foi un chollo e que onde ía atopar el socios de goberno tan mandadiños.
- Co do anuncio do acordo do 065 a "bombo y platillo"... FALTARÍA MÁIS!! É que se non se chegase a un acordo con iso...

13 conchi

Como di Xosé Manuel, outra das vías de 'untar' os medios son os convenios para meter publicidade máis ou menos enmascarada.

O bipartito prometeu que todos os convenios ían ser públicos, pero só unha poucas Consellerías están cumplindo co Rexistro de Convenios.

As que siguen ocultando a quen reparten os nosos cartos son do PSdG, aínda que a práctica de subvencionar aos empresarios é común entre socialistas e nacionalistas.

http://www.vieiros.com/nova/60937/a...

12 Xosé Manuel

e se tamén contabilizamos as subvencóns indirectas da era Fraga?

-Becas FEUGA.

-Renovación Tecnolóxica.

-Creditos "o%" do IGAPE.

-"especias" de publiicade.

-Publicidade directa.

-Utilización do galego.

-Impresión de boletins oficiais, DOG, etc.

-Contratos das productoras de Tv dos diarios, coa TVG, sendo esta o unico cliente. (delegacións de informativos, series, a isto chamalle "producción propia". Recordan algunha crítica a programación da TVG na prensa galega?

- Publicidade e contratos das fundacións e organismos, a chamada "Xunta paralela", Portos, Fundación Deporte Galego..

-Creación de un corpo novo de funcionarios de prensa, que enchen as redaccións de papeis e emails para darlle o traballo feito os xornalistas.

-Creación dunha facultade de xornalismo en Santiago, -con escasos profesores que traballaron nun medio- co fin de que haxa man de obra barata para os medios.

- Ignorar o Colexio de Xornalistas e os sindicatos da prensa, para facilitar os patróns que contraten por unha miseria a licenciados, que carecen dun mínimo convenio da prensa.

Iste e o panorama. E moi triste que o bipartito nonfora quen de rachar co sistema. E patético que o utilicen outra vez contra nos, os cidadáns, e que se invoquen as audiencias para xustificar que se fixo o contrario do que se dixo na campaña.

Sería un bo exercicio rescatar na RG os discursos de Touriño sobre a prensa na anterior campaña.

11 Xandokas

Cada vez esto dame máis asco!

10 brian

Vaia. Xa conquerín que lle chamedes profesor e periodista a Losada (algo é algo). Losada di que Vicepresidencia anuncia nos xornais as súas accións. Publicidade e difusión. ¿Algo que obxectar?. O terrible e firmar "axudas" pola patilla. Na entrevista de "El País", na que titulan como Antón Losada (manda carallo despois da súa liña en canto ao nome!, Losada critica aquela propaganda que se paga e aparece como entrevista. Cousa que o BNG non está a facer pero o PSOE e o PP (nos seus tempos) acostuman a practicar.