Documento- As subvencións ós medios

Non por recurrente deixa de ser noticia os cartos que os grupos mediaticos galegos reciben da Xunta. Desta vez, Galicia Confidencial tivo acceso a un documento sobre os cartos que recibiron de Presidencia da Xunta os medios da comunidade ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2005, aínda que non aparecen reflectidas todas as partidas xa que algunhas delas son froito de convenios bilaterais concretos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/09/2007 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Faro de Vigo, S.A. obtivo 145.000 euros, Editorial Compostela, S.A., 95.000 e El Progreso de Lugo, S.L., 60.000. Pola súa banda, cinco emisoras asociadas á Cadena Ser recibiron 50.000 euros; 20.000 para Radio Coruña, 12.000 para Radio Vigo, 3.000 para Radio Ourense, 9.000 para Radio Pontevedra e 6.000 para Radio Lugo.

La Región obtivo 42.500; Editorial La Capital, 40.000 euros; Ediciones Lérez (Editor de Diario de Pontevedra), 30.000; La Opinión de A Coruña, 23.500; Radio Galicia, 2.468; Cadena Cope, 20.000; Onda Cero, 12.000; Axencia Galega de Nocias, 5.000; Europa Press Delegaciones, 5.000 e Interdix Galicia, 2.000.

Presidencia desestimou a solicitude de axuda á empresa Rías Baixas de Comunicación, S.A., por "non contestar o requerimento de documentación incompleta no prazo de 10 días, relativa a acreditación do establecido no artigo 5º.A.6 da orde que regula a concesión de axudas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

4 deixoamiñaopinion

Interesante, significativo, coincidente...

EL PAÍS. ENTREVISTA A. LOSADA:

P. ¿Es partidario de modificar las relaciones del Gobierno con los medios de comunicación?

R. A mí se me han acusado de hacer muchísima publicidad, pero yo creo que es un ejemplo de transparencia. Los gobiernos del PP hacían muchísima publicidad que se disfrazaba. Desde la Vicepresidencia todo lo que hemos hecho con dinero en medios de comunicación el ciudadano lo ve y a él le corresponde valorar si está bien. Las consellerías del BNG lo han hecho así.

P. No todas.

R. Mayoritariamente sí. La publicidad es una herramienta fundamental de la acción de gobierno. Es muy difícil que una mujer pueda pedir el salario de la libertad si sólo se publica en el Diario Oficial de Galicia.

P. ¿La otra parte del Gobierno lo hace?

R. No, la otra parte no.

P. ¿Está a favor de las ayudas directas a los medios?

R. No, estoy a favor de la publicidad institucional. Lo que me parece escandaloso es que aparezca en un periódico dos páginas en las que se ha pagado por salir y se presente como entrevista.

e hoxe fíltrase o documento sobre os cartos que recibiron de Presidencia da Xunta os medios da comunidade. E din que non hai crise... INTERESANTE

3 tolas

Estamos filtrando información, bien, bien... A ver si se destapa todo!

2 ben

Pois ben pouca rendibilidade lle sacan ós cartos do grupo voz. Touriño debería repensalo e facerlle caso a Losada (entrevista do País de onte) en canto á publicidade. Se paga tanto é porque algo teme... e quen teme ó lobo, ou a quen sexa, acaba por verlle as orellas.
Ah, por certo... un reparto da riqueza equitativo, coma o dos pluses, as consolidacións, etc. Mola a política do pastido socialista... Por certo, algún dos próceres políticos lembra o significado de socialismo?

1 asdf

¿Isto era o cambio que dicían PSOE e BNG?