O PP replica a Tomé que os orzamentos do Estado son "claramente lesivos" para Lugo

Os socialistas defenden que a provincia recibirá máis do triplo que nos últimos cinco anos de Mariano Rajoy.

Por E.P. | Lugo | 11/10/2022 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O Partido Popular da provincia de Lugo replicou este martes ao secretario provincial socialista, e presidente da Deputación, José Tomé, que o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para o próximo ano é "claramente lesivo" para a provincia.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez | Fonte: DEPUTACIÓN DE LUGO.

Dixérono despois de que Tomé Roca asegurase que, coas contas par 2023, Pedro Sánchez "segue cumprindo con Galicia e coa provincia de Lugo, como fai desde 2018" e sinalase que a provincia recibirá o próximo ano máis do triplo de fondos que nos últimos cinco anos de Mariano Rajoy á fronte do Goberno central.

"Ou José Tomé vive nunha realidade paralela ou pretende enganar os lucenses no que se refire ao proxecto de orzamentos do Estado para 2023", afirmaron os populares, que consideran que estas contas "esquecen as grandes infraestruturas que necesita a provincia, tanto de ferrocarril como en canto a autovías" e "non dan resposta ás necesidades da industria lucense".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta