A media de gasto nun coche de segunda man é de 11.734 euros

Segue subidno o prezo dos veículos usados. O incremento dos de máis de oito anos, do 6,7% en Galicia, é o máis elevado despois de Navarra

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/06/2023 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

O prezo medio dos turismos de ocasión situouse en maio en Galicia en 11.734 euros, un 5,5% máis respecto ao mesmo período do ano anterior, por encima do incremento do 2,7% do conxunto estatal, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

En total, Ancove apunta que se venderon 9.714 unidades en maio en Galicia: 4.428 na provincia da Coruña (cun valor medio de 12.078 euros), 3.151 en Pontevedra (por 11.536 euros), 1.203 en Lugo (11.654 euros) e 932 en Ourense (10.867 euros).

Deles, 6.495 (o 66,9%) eran turismos de máis de oito anos, que se venderon, de media, por 8.981 euros, o que supón un incremento do 6,7%. No conxunto estatal, o prezo medio dos turismos de ocasión situouse o pasado maio en 12.582 euros, un 2,7% superior respecto ao mesmo período do ano 2022, sendo o crecemento máis baixo de 2023, e un 4,4% no caso dos vehículos de ocasión de máis de oito anos, cun prezo medio de 9.565 euros, segundo Ancove.

No entanto, en comparación co mes de abril, o prezo dos turismos caeu un 0,8% no conxunto de vehículos do mercado e tamén diminuíu un 2% no caso dos vehículos de máis de oito anos.

Coches usados ou de segunda man
Coches usados ou de segunda man | Fonte: GANVAM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta