Pontón mostra o seu "convencemento" de que o BNG teña representación no Congreso por Lugo e por Ourense

A dirixente nacionalista arrincou a campaña electoral cun acto entre Lugo e Ourense arroupando aos candidatos en ambas as provincias, Daniel Castro e Noa Presas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, arrincou a campaña electoral cun acto entre Lugo e Ourense arroupando aos candidatos en ambas as provincias, Daniel Castro e Noa Presas, respectivamente.

Compareceu ante os medios de comunicación na estación de tren de Ourense onde asegurou que a campaña do BNG empeza en "a Galicia interior" de "maneira deliberada", para "deixar claro que estamos convencidos de que é posible ter un grupo galego forte" e "ter representación por Lugo e por Ourense". Deste xeito, sinalou que se Galicia "ten que romper coa discriminación" no caso de Lugo e Ourense é unha discriminación "máis imperiosa", porque son dúas zonas do país "que se viu sistematicamente como os gobernos centrais ignoran".

Nestes termos apuntou ao Partido Popular criticando que "está a prometer xusto o contrario do que fixo" e quixo lembrarlle ao candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, que o Partido Popular "deixou abandonado o ferrocarril na zona interior", que "o PP é responsable" de que o tren Avant "teña un prezo máis elevado que o resto de billetes que hai no Eixo Atlántico" e que "son responsables da discriminación noutras infraestruturas". Ademais, sinalou en concreto as conexións por autovía, lamentando levar "máis de 20 anos" escoitando falar dunha A-76 "que aínda a día de hoxe non é realidade".

"Quero lembrarlle ao candidato Núñez Feijóo que Lugo e Ourense teñen as pensións máis baixas do Estado", engadiu Pontón esgrimindo ademais que cando gobernaron "demostraron que non eran unha forza política comprometida con Galicia nin comprometida con estas provincias".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto á cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Noa Presas, e Lugo, Daniel Castro.. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto á cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Noa Presas, e Lugo, Daniel Castro.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta