Un de cada dous fogares galegos chega con dificultade a fin de mes e case un de cada dez o fai con moita dificultade

O número de fogares galegos que teñen dificultades ou moitas dificultades para chegar a final de mes sitúase no terceiro trimestre do ano no 53,77 %, mentres que os que chegan con facilidade ou moita facilidade supoñen o 46,23 %, segundo datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2023 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

O número de fogares galegos que teñen dificultades ou moitas dificultades para chegar a final de mes sitúase no terceiro trimestre no 53,77 %, mentres que os que chegan con facilidade ou moita facilidade supoñen o 46,23 %, segundo datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes.

Este 53,77 % supón un descenso fronte ao 55,32 % de fogares con dificultades no segundo trimestre. Non entanto, son cinco puntos de aumento en comparación co 48,26 % dun ano antes. Así, un 45,70 % dos fogares di chegar con dificultade a final de mes e un 8 % asegura que o fai con moitas dificultades. Ambas as taxas anotan unha lixeira melloría respecto dos tres meses anteriores.

CASE O 30 % NON FAI GASOS EXTRA

Ademais, o 28,3 % dos fogares non se permitiu ningún gasto extra (como vacacións ou saír a cear) nos últimos tres meses. Igualmente, o 26,5 % cambiou os seus hábitos de compra con produtos de marca branca ou ofertas, á vez que o 20 % diminuíu gastos comúns como roupa ou transporte.

O 15,3 % dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habita (baixan 2,4 puntos respecto de hai un ano), o 7,77 % o coche e o 2 % unha segunda vivenda. De face ao futuro, o 33,5 % ten pensado aforrar algo de diñeiro, o 34,8 % facer algún gasto extra en alimentación e o 14,6 % facer fronte a imprevistos, entre outros. Pola súa banda, o indicador de confianza do consumidor sofre unha baixada de 4,7 puntos respecto ao anterior trimestre, de forma que queda nun valor de - 16,77 puntos.

Documentación para a firma dunha hipoteca, a 15 de marzo de 2023, en Madrid
Documentación para a firma dunha hipoteca, a 15 de marzo de 2023, en Madrid | Fonte: Eduardo Parra - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta