Rueda sitúa a Luis Menor como presidente da xestora en Ourense para axudar a conseguir a "quinta maioría absoluta"

A xestora está composta por 88 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia nomeou unha xestora provisional en Ourense encabezada polo presidente da Deputación ourensá, Luis Menor, que rexerá o PP ourensán ata a celebración do congreso provincial.

O Comité Executivo dos populares galegos deu luz verde á configuración do equipo directivo que se encargará do partido tras a renuncia de Manuel Baltar, presidente do PP ourensán desde o ano 2010, cando sucedeu ao seu pai José Luís Baltar.

A xestora está composta por 88 persoas, entre os que hai 32 membros natos entre representantes do PP nas Cortes, Parlamento, Deputación e Xunta. A eles, súmanse outras 47 persoas chegadas, segundo o PP, "da política local" e outros nove integrantes do Consello de Veteranos.

En declaracións recollidas nun comunicado, Menor manifestou que a lista de persoas foi elixida para "conseguir a máxima representatividade de toda a provincia, xuntando a experiencia con xente que nunca estivo na primeira liña política e procedentes dos máis diversos ámbitos de actividade".

Todo isto para, segundo Menor, "pór ao partido a pleno rendemento" para lograr "a quinta" maioría absoluta do PP e "a primeira" de Alfonso Rueda, quen, pola súa banda, enxalzou a transición no PP ourensán. "Onde moitos vían moitas dificultades, todo culminou con normalidade e xenerosidade", engadiu o presidente da Xunta e líder dos populares galegos.

O ex presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o presidente actual, Luis Menor, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante un mitin do Partido Popular
O ex presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o presidente actual, Luis Menor, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante un mitin do Partido Popular | Fonte: Agostime - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E seguramente un dos 9 que integran o Consello de Veteranos, non se chamará Jose Luís Baltar ? Aínda que teña 83 anos igual está descansado logo da Sentenza... // En julio de 2014, el juzgado de lo penal número uno de Orense condenó a Baltar a 9 años de inhabilitación por el delito de prevaricación continuada en relación con las 104 contrataciones hechas en 2010 para la Diputación sin cumplir con los requisitos legales de publicidad, mérito y capacidad.​ La condena no tuvo efectos reales ya que el político gallego se encontraba ya jubilado. / O PP en Ourense ten moita Historia e supoñemos que os contratados seguen Vivos e Coleando...