Sabes cales son os concellos galegos con maior renda por habitante?

Oleiros, A Coruña e Santiago. O peor dato é o de Negueira de Muñiz.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 23/02/2024 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

Oleiros é o municipio galego con maior renda por habitante, con 22.755 euros, seguido pola Coruña (20.451 euros) e Santiago (19.747 euros), segundo informa este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) con datos de 2021. En concreto, o valor de renda dispoñible bruta por habitante en Galicia foi de 16.229 euros. Só 30 dos 313 concellos galegos están por encima desa cifra. O dato de Oleiros é un 26 % superior á media. A lista do 'top 10' de municipios galegos complétase con: Nigrán (19.172 euros), Teo (19.001), Ourense (18.951), Lugo (18.470), As Somozas (18.419), Pontevedra (18.375) e Ames (17.899).

Praia de Bastiagueiro, en Oleiros
Praia de Bastiagueiro, en Oleiros | Fonte: turismo de Galicia - Arquivo

No outro extremo, Negueira de Muñiz é o municipio con menor renda per cápita, con só 6.143 euros. Pola parte baixa da táboa os peores datos atópanse en: Parada de Sil (8.065), A Mezquita (8.317), Ponteveda (8.742), Oímbra (8.820), Lobeira (8.966), Chandrexa de Queixa (9.035), A Cañiza (9.092), Vilariño de Conso (9.114), Quintela de Leirado (9.130) e Beariz (9.151). Ademais, outra ducia de concellos non alcanza os 10.000 euros por persoa. Pola súa banda, o avance de datos de 2022 recolle que a renda dispoñible bruta por habitante elevouse a 16.907 euros por habitante, un 4,2 % máis que no anterior exercicio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta