Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2024 | Actualizada ás 19:18
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, mantivo un encontro co expresidente de Uruguai, Pepe Mujica, no que agradeceu ao político uruguaio o seu apoio á candidatura de Ana Pontón nas pasadas eleccións galegas, así como ao longo dos últimos anos.
Ademais, segundo trasladou o Bloque, na reunión abordaron diversas cuestións da política internacional actual, como a situación en Palestina. Trátase dun tema polo que ambos senten unha "gran preocupación e no que coincidiron en destacar a necesidade dun alto ao lume inmediato", destacou a formación nacionalista.
Doutra banda, Miranda fíxolle entrega a Pepe Mujica da escultura que lle concedeu a Rede Acampa pola Paz como recoñecemento polo seu traballo en defensa dos dereitos humanos e que foi recollida pola propia eurodeputada galega o pasado mes de xuño na Coruña. "Para min é unha honra entregarlle este recoñecemento a unha persoa como Mujica, sempre defensor da paz e dos dereitos humanas", manifestou a eurodeputada do BNG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.