O PSdeG de Neda rexeita retirar unha cruz franquista que si quería retirar o PP

Os socialistas alegan que esa decisión será a primeira que avaliará o recén creado 'Consello sctorial de memoria democrática'.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/03/2024 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O pleno de Neda rexeitou unha moción do BNG na que se solicitaba a retirada da Cruz dos Caídos franquista, ao non obter o texto o apoio dos socialistas, que goberna en maioría absoluta. A moción do BNG tivo 5 votos a favor: 2 de BNG, 2 do PP e 1 de Moveneda; e 6 votos en contra do PSOE, que ten a Alcaldía con maioría absoluta.

Cruz franquista de Neda
Cruz franquista de Neda | Fonte: BNG


Nun comunicado, o goberno local xustificou a súa decisión polo anuncio, nesa mesma sesión plenaria, dun 'consello sectorial de memoria democrática', "destinado a consolidar a participación de entidades e expertos en iniciativas de corte memorialistas". Segundo os socialistas, o asunto levado a pleno polos nacionalistas será o primeiro sobre o que deberá pronunciarse o citado órgano colexiado de cara á retirada dos espazos publicos de símbolos da ditadura. Por iso, explica, optou por non apoiar a moción.

Pola súa banda, o sociólogo e membro do colectivo de presas e presos políticos na ditadura Manuel Monge, que interveu na sesión plenaria, denuncia que non contase co apoio do PSOE e si, indica, das demais formacións. Tamén sostén que en novembro de 2022 o PSOE "rexeitou unha moción" para retirar simboloxía franquista e que entón xa se incluíu nun texto socialista "proceder á inmediata convocatoria da comisión municipal de memoria histórica".

"DECISIÓN INSÓLITA"

Monge lembra que no Pleno de decembro de 2023 de Monfero, con alcaldía do PSOE, aprobouse unha moción do BNG para retirar unha cruz dos Caídos da fachada dunha igrexa. Tamén en decembro de 2023, Vilarmaior,  alcaldía do PP, aprobou outra moción do BNG para retirar outra cruz dos Caídos nunha igrexa. En 2007 o alcalde socialista de Fene, Iván Puentes, retiraba unha cruz dos Caídos de Maniños, e en 2010 o alcalde socialista de Ferrol, Vicente Irisarri, retiraba a cruz dos Caídos da praza de Amboage.

"Nos próximos días informarei ao Defensor del Pueblo, Ángel Gabilondo, do insólito resultado da votación do Pleno de Neda, un caso único en España: o PP a favor da retirada da cruz dos caídos e o PSOE en contra", apunta Monge.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta