Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2024 | Actualizada ás 14:38
O candidato popular ás eleccións europeas Adrián Vázquez -- que foi eurodeputado por Cidadáns -- pediu "encher as urnas de votos azuis" o próximo 9 de xuño para "atopar solucións para todos os españois". Nun percorrido por barrios da Coruña, e en declaracións aos perioditas, arremeteu contra a xestión dos socialistas e do BNG no Parlamento europeo e con críticas, en particular, á candidata socialista Teresa Ribera e á nacionalista Ana Miranda. "Máis que ministra de transición ecolóxica é a ministra da intransixencia ecolóxica e mandala a defender ao rural galego é como pór ao lobo a coidar das ovellas", sentenciou.
"Por iso necesitamos o 9 de xuño saír e votar ao PP, encher as urnas de votos azuis para mandar un clarísimo mensaxe de que nos importa Galicia, os galegos e as galegas", apuntou para apelar á mobilización.
"Tamén é unha oportunidade para mandar unha mensaxe ao señor Sánchez", engadiu ao indicar que está "máis preocupado" por Palestina e Arxentina que "do que pasa en España". "Sobre todo en crear conflitos diplomáticos con países irmáns", aseverou para insistir, por outra banda, en que "o PP o que quere é ir a Europa e atopar solucións para todos os españois".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.