Rueda sobre Vox: "Canto menos se goberne con extremismos, mellor"

Cre que "non ten ningún sentido" que o partido de Abascal decidira romper os pactos de goberno co PP en varias autonomías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2024 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considerou que "non ten ningún sentido" que Vox rompa os acordos de goberno alcanzados co PP "simplemente por ser solidarios e reclamar unha planificación da política migratoria no Goberno de España". "Non ten ningún sentido e demostra, unha vez máis, que canto menos se goberne con extremismos, na miña opinión, mellor", sostivo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión do Consello da Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Rueda pronunciouse deste xeito ao ser preguntado nun acto en Santiago de Compostela pola decisión da formación liderada por Santiago Abascal de romper acordos de goberno a raíz da repartición de menores migrantes decidido na Conferencia Sectorial celebrada o mércores en Tenerife.

Respecto diso, o presidente da Xunta, que sostivo que "parece que as decisións son diferentes segundo os gobernos", celebrou "non estar nesta situación en Galicia. "Iso fala moito do sentidiño dos galegos e de evitar os extremismos que ás veces levan a estas situacións que non teñen moito sentido", afirmou.

O líder do PP galego dixo que, "vendo desde fóra, entre comiñas, esta situación", considera que "non ten ningún sentido que simplemente ser solidarios, reclamar unha planificación da política migratoria no Goberno de España" e "aceptar a proposta de número de acollemento que se fixo na Conferencia Sectorial, "sirva como argumento para romper gobernos". "Non ten moito sentido e demostra, unha vez máis, que canto menos se goberne con estes mesmos, é a miña opinión, mellor", afirmou.

UNICEFF

Por outra banda, UNICEF España pediu este mércores que as comunidades autónomas dos "pasos adiante" coa reforma da Lei de Estranxeiría e que o Goberno se comprometa con recurosos necesarios.

"Por iso esperamos que as distintas comunidades autónomas poidan dar pasos adiante e reconsideren o apoio á reforma proposta, así como que o goberno central se comprometa de forma pública cos recursos necesarios tanto para Canarias como para outros territorios", sinala o director executivo de UNICEF España, José María Beira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta