A Xunta presentará un recurso de incumprimento se o Goberno non convoca Conferencia de Presidentes "inmediatamente"

Lembran que o artigo 4.2 do regulamento da Conferencia de Presidentes establece que esta se deberá convocar cando o soliciten 10 presidentes de comunidades e cidades autónomas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2024 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia advirte de que presentará o vindeiro luns un recurso por incumprimento da Conferencia de Presidentes se o Goberno non a convoca "de forma inmediata". Así llo aseguraron fontes da Administración autonómica a Europa Press. Lembran que o artigo 4.2 do regulamento da Conferencia de Presidentes establece que esta se deberá convocar cando o soliciten 10 presidentes de comunidades e cidades autónomas.

Sinalan que este requisito se cumpriu a finais do pasado ano, cando Galicia e a maioría das comunidades solicitaron formalmente unha Conferencia de Presidentes "para que o Presidente do Goberno explicase se o seu pacto de investidura comprometía o equilibrio territorial e a igualdade entre españois".

Critican que oito meses despois, o Goberno central "continúe resistíndose, contra a normativa, a convocar a Conferencia". Así, advirten de que de non convocarse "de forma inmediata", a Xunta aprobará no Consello do próximo luns, 29 de xullo, un recurso por incumprimento do regulamento da Conferencia de Presidentes.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras a reunión semanal do Goberno galego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras a reunión semanal do Goberno galego | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta