BNG e Anova reuniranse este martes para sondear a posibilidade de ir xuntos ás galegas

O Bloque insiste en crear un polo nacionalista, mentres que Anova aposta por un partido instrumental sustentado no que foi En Marea e con presenza de formacións políticas e colectivos cidadáns nacionalistas e non nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2016 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O BNG iniciou xa contactos con forzas nacionalistas para tentar acadar, precisamente, unha lista nacionalista para as vindeiras eleccións galegas. E, con ese obxectivo, manterá este martes un encontro con Anova, a formación que xa ten dous deputados en Madrid dentro da coalición de En Marea.

Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Anova e Cerna nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas
Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Anova e Cerna nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas | Fonte: lainformación

Logo da XV Asemblea Nacionalista de Santigo, a nova dirección do BNG acordou emprender novos contactos con outras formacións políticas e colectivos cidadáns para sondear a creación dunha nova candidatura galega.

E, no marco destes contactos, o BNG reunirase este martes con Anova, tras ter mantido xa un encontro preliminar e de toma de contacto con Compromiso por Galicia, que tamén está mantendo a súa propia rolda de contactos con outras formacións de cara as autonómicas deste ano.

Sen embargo, esta xeira de contactos semella condenado ao fracaso. Por unha banda, CxG está dividida internamente sobre a posibilidade de ir nunha lista coas mareas ou camiñar en solitario, xa que a opción de xuntarse co BNG non é ben vista por ningún dos dous sectores se nesa lista non se atopan outros colectivos nacionalistas, nomeadamente, Anova.

E, pola súa banda, a formación de Xosé Manuel Beiras aposta claramente por un partido instrumental, que permita incorporar ás distintas mareas e tamén a partidos políticos seguindo o exemplo de En Marea. Non se pecha, como o BNG, a que nesa confluencia electoral haxa forzas que non sexan nacionalistas.

Nos pasados comicios xerais, tanto o BNG como o BNG acabaron indo en listas diferentes. O BNG pivotando Nós-Candidatura Galega e Anova dentro dunha coalición con Podemos e EU, En Marea. A primeira candidatura non obtivo ningún escano, mentres que a segunda fíxose con seis e quedou como segunda forza máis votada en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

6 Gamela

pero non fixeran unha refundación do BNG ? claro que tamén se pode "roubar" deputadas de ANOVA e dar a impresión de que o nacionalismo galego xa ten unha pica en Madrid... // Se non fora a forza de Podemos ían estar todos xuntos xogando ás cartas! // E como Beiras non ande con coidado vai mandar a paseo a ilusión da xente con tanta formación INSTRUMENTAL do carallo !!!

1 per

Iso está claro se non fose Podemos , os de Anova e EU estaban mortos, presentaivos vos coma Podemos cando repitan xerais, xa que non podedes cheirar a nada que sexa galego-Sodes Psoe -bis, propoñede mediante un referendum retirar as bases americanas,e outro republica -monarquia.

5 antonino

zzzzzzzzzz Sempre a mesma historia

1 migraña ou cefalea

talmente dacordo my friend

4 Pesados

Esto xa o vivimos

3 John McNamara

Somos moitos e moitas que apoiamos ao BNG, e atrévome que dentro do BNG tamén, que non queremos alianzas con Anova. Eles son responsábeis de torpedear ao BNG, de non aceptar o resultado democrático de Amio, de aliarse contranatura, de non ser coherentes co que dicían defender, etc. Agardo que o BNG non se relacione con esa tropa.

2 DigoEu

O BNG anda a facer a comedia de quereren ser unitarios para logo xustificar por que motivo van sos ás galegas para axudar a que volvan a gañar os fa chas. Son cómplices dos fa chas cando podían ir coas Mareas en base a un programa de esquerdas e galeguista.

1 nostrus

Os mareados e bloqueiros tamen son fachas.

2 per

Todo o mundo que non sexa de Podemos/Mareas é facha,precioso asi vos vai aos que ides permitir que sigua Rajoy por moitos anos, os que non sabedes escoller entre malo e menos malo.

3 xacobe

Falando de cómplices. O feito de que Rajoy siga sendo Presidente do goberno, é responsabilidade de PODEMOS e do seu grupo CONFEDERAL??

4 DigoEu

O feito de que Rajoy siga sendo presidente do gobernó é responsabilidade dos intelixentes votantes españois, especialmente os galegos. E tamén do BNG, que se fosea con toda a esquerda estatal e galega, un pouco mellores resultados se tería. E de que na Xunta estea o PP eternamente ten moita culpa o BNG polo seu sectarismo e estupidez.

5 xacobe

Que Rajoy siga de presidente, non terá que ver con que PODEMOS e o grupos dos CONFEDERADOS, votaran NON, conxuntamente có PP, fai uns días

6 DigoEu

O PP votou NON por uns motivos e Podemos e grupos confederados votaron NON por motivos OPOSTOS aos do PP. ¿Estás defendendo acaso un goberno "españoleiro" do PSOE e Ciudadanos? ¿Pensas que ese goberno sería solución para algo? ¿Cres que o PSOE é de esquerdas? Non se debe apoiar ningún goberno que non teña un programa minimamente aceptable, e a solución non é apoiar o bipartidismo de PP ou PSOE porque no fondo son o mesmo. A miña opinión particular é que nin Podemos nin a Marea deberían negociar nada co PSOE. Que goberne a dereita, que goberne a "gran coalición" para que a dereita termine de desgastarse e logo poderemos falar dun goberno de esquerdas.

7 xacobe

Pois veña, en Galiza nada de pactos có PSOE e que siga o PP.