BNG e Anova reuniranse este martes para sondear a posibilidade de ir xuntos ás galegas

O Bloque insiste en crear un polo nacionalista, mentres que Anova aposta por un partido instrumental sustentado no que foi En Marea e con presenza de formacións políticas e colectivos cidadáns nacionalistas e non nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2016 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O BNG iniciou xa contactos con forzas nacionalistas para tentar acadar, precisamente, unha lista nacionalista para as vindeiras eleccións galegas. E, con ese obxectivo, manterá este martes un encontro con Anova, a formación que xa ten dous deputados en Madrid dentro da coalición de En Marea.

Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Anova e Cerna nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas
Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Anova e Cerna nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas | Fonte: lainformación

Logo da XV Asemblea Nacionalista de Santigo, a nova dirección do BNG acordou emprender novos contactos con outras formacións políticas e colectivos cidadáns para sondear a creación dunha nova candidatura galega.

E, no marco destes contactos, o BNG reunirase este martes con Anova, tras ter mantido xa un encontro preliminar e de toma de contacto con Compromiso por Galicia, que tamén está mantendo a súa propia rolda de contactos con outras formacións de cara as autonómicas deste ano.

Sen embargo, esta xeira de contactos semella condenado ao fracaso. Por unha banda, CxG está dividida internamente sobre a posibilidade de ir nunha lista coas mareas ou camiñar en solitario, xa que a opción de xuntarse co BNG non é ben vista por ningún dos dous sectores se nesa lista non se atopan outros colectivos nacionalistas, nomeadamente, Anova.

E, pola súa banda, a formación de Xosé Manuel Beiras aposta claramente por un partido instrumental, que permita incorporar ás distintas mareas e tamén a partidos políticos seguindo o exemplo de En Marea. Non se pecha, como o BNG, a que nesa confluencia electoral haxa forzas que non sexan nacionalistas.

Nos pasados comicios xerais, tanto o BNG como o BNG acabaron indo en listas diferentes. O BNG pivotando Nós-Candidatura Galega e Anova dentro dunha coalición con Podemos e EU, En Marea. A primeira candidatura non obtivo ningún escano, mentres que a segunda fíxose con seis e quedou como segunda forza máis votada en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

1 Dia da marmota

O dia da marmota. Os de Anova que se deixen de enredar e respeten aos seus aliados. Puxeron o grito no ceo cando o miñaxoia de breogan cuestionou en marea e eles o fan constantemente.