A influencia da Voz nas eleccións do 1M

Despois das críticas dos principais dirixentes do nacionalismo cara ao papel de La Voz de Galicia durante a pasada campaña electoral, hai quen xa se encargou de facer un informe sobre o impacto que as informacións deste xornal tiveron nas pasadas eleccións autonómicas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/03/2009 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

None

O nivel do retroceso, medido en porcentaxe do censo electoral (non de votos emitidos), é maior nas catro comarcas da provincia da Coruña nas que máis se le La Voz. A partir de aí e con audiencias decrecentes figuran o resto de comarcas orgánicas do BNG, primeiro as do resto da Coruña e finalmente as da área de influencia de Vigo. Seguindo esa ordenación, case en paralelo á distancia en Km á cidade coruñesa, atopamos, en xeral, caídas moito menores e mesmo algúns incrementos. As principais excepcións a esta correlación case lineal entre incidencia de La Voz e retroceso do BNG atopámolo nas comarcas máis urbanas, desenvolvidas e españolizadas.Ademais apunta causas e culpables:

Visto isto xa me tarda que todas aquelas persoas, de dentro e de fóra do BNG, que pretenden empregar os resultados das eleccións autonómicas para xustificar, só onde lles interesa, relevos na cabeza das candidaturas municipais do Bloque, comecen por asumir a súa responsabilidade na adopción dunha estratexia política (concurso eólico) e mediática (lanzamento inoportuno de Xornal) que foi a que en realidade condenou ao BNG a eses resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

4 Problema

Se é certa esa comparación de datos, se é científica, reflicte tres cousas que, en certo modo xa se sabía:
1) O público lector cre como certa calquera cousa que sae nos medios. Abondadando nisto, o receptor da mensaxe capta o que o emisor quere deixar intuir (véxase a escena do barco de Quin, moi ao estilo "Miami Vice" (na versión dos 80, con roupa de Adolf Domínguez). FALTA ESPÍRITU CRÍTICO NA NOSA SOCIEDADE, E SORPRENDE QUE ATA OS UNIVERSITARIOS NON SEXAN CAPACES DE VER ALÉN DE CERTAS INFORMACIÓNS POPULISTAS E FALSAS.
2) O BNG non soubo facer unha campaña efectiva, respostando á intoxicación con andanadas de contrainformación. A campaña do BNG foi preguiceira ata límites insospeitados. Os organizadores da campaña, ou ben non teñen nin idea, ou ben non a rañaron.
3) Fallos de goberno. (Citando ao blog Calidonia) e outros erros atribuibles á toda a lexislatura, erros de fondo dos que xa se ten falado con moito rigor.

3 Kali

Eu miraría tamén a "calidade" dos candidatos locais neses nas diversas comarcas. Na comarca de A Coruña, Cambre, Sada, Betanzos, ... os candidatos teñen un prestixo bastante limitado, e levan perdendo votos elección tras elección. Ao mellor hai que pensar en cambiar aos candidatos e representantes locais para cambiar a imaxe do BNG. No interior e mariña de Lugo, onde o xornal de referencia é a Voz (O Progreso non ten moi pouca difusión)o BNG resistiu ou subíu, e esas son zonas tradicionais de voto ao PP ¿por que será? mellores candidatos? non pactar co PSOE en Lugo, nen Ribadeo? mellores candidatos locais?
En Ourense, Vigo e Pontevedra a influenza da Voz é case testimonial (reparto institucional + Gadis, ...) e o baixón foi duro, e tamén se deron problemas cos pactos locais. Sera por iso?.

2 galego do comun

Non foi o unico factor por suposto, mais si en un factor a ter en conta a influencia dos medios de comunicacion en contra do BNG desde uns meses antes da campanha. E en particular de La Voz. O BNG baixa 40000 votos, 10000 en Pontevedra e 30000 na provincia da Corunha, no resto mantense. Curioso non?, o BNG baixa fundamentalmente na provincia da Corunha. Que fixo ali mal o bipartito que non fixo nas demais provincias?
A actitude dos medios galegos cara o BNG sempre foi o ninguneamento, nunca se falaba do BNG. Ou se lle chamaba terrorista de vez en cando e xa estaba.
Nunca tivo unha campanha de difamacion e infamias feita o mais puro xeito madrilenho.. tampouco os medios estaban tan polarizados coma acontece en Madrid e os ecos dos media madrilenhos sempre estiveron mais atenuados aqui..

O efecto de La Voz tivo a sua importancia. Mais de agora en diante podera facerlle dano o nacionalismo, mais xa nunca tanto, pois a xente ten ben claro que La Voz e o boletin oficial do PP de Feijoo, e o boletin antiBNG. E nesta loita antiBNG segue sen descanso, dia tras dia, coma se pode ver facilmente.
Meu pai non votou o BNG porque seica roubaba, e fixera trampas co concurso eolico. Dixenlle que con fraga non habia concurso, e que se facian adxudicacions a dedo, incluso co goberno en funcions. Respostoume que porque se iso era verdade non o dician os periodicos.. e foi votar o PP.

1 Zutabe

Aínda non entremos no blog de Calidonia (procuraremos recollera cando se poida algo no noso) e non seremos nosoutros os que defendámo-lo BNG pero si que cómpre recalca-la instrumentalización que do devandito xornal fixo a dirección de La Voz a través da figura do seu insigne director que non dubidou en elaborar artigos durante a campaña en favor de Rosa Díez, e iso dende logo (e tendo en conta que é o xornal máis lido en Galicia) non beneficiou, sobre todo, ó bipartito.