A influencia da Voz nas eleccións do 1M

Despois das críticas dos principais dirixentes do nacionalismo cara ao papel de La Voz de Galicia durante a pasada campaña electoral, hai quen xa se encargou de facer un informe sobre o impacto que as informacións deste xornal tiveron nas pasadas eleccións autonómicas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/03/2009 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

None

O nivel do retroceso, medido en porcentaxe do censo electoral (non de votos emitidos), é maior nas catro comarcas da provincia da Coruña nas que máis se le La Voz. A partir de aí e con audiencias decrecentes figuran o resto de comarcas orgánicas do BNG, primeiro as do resto da Coruña e finalmente as da área de influencia de Vigo. Seguindo esa ordenación, case en paralelo á distancia en Km á cidade coruñesa, atopamos, en xeral, caídas moito menores e mesmo algúns incrementos. As principais excepcións a esta correlación case lineal entre incidencia de La Voz e retroceso do BNG atopámolo nas comarcas máis urbanas, desenvolvidas e españolizadas.Ademais apunta causas e culpables:

Visto isto xa me tarda que todas aquelas persoas, de dentro e de fóra do BNG, que pretenden empregar os resultados das eleccións autonómicas para xustificar, só onde lles interesa, relevos na cabeza das candidaturas municipais do Bloque, comecen por asumir a súa responsabilidade na adopción dunha estratexia política (concurso eólico) e mediática (lanzamento inoportuno de Xornal) que foi a que en realidade condenou ao BNG a eses resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

24 tinto

Seguro que hai que facer autocrítica. O BNG está dando un exemplo público de autocrítica. Pero todos recoñecen que o labor de acoso e derribo de La Voz foi de libro.

23 canxa

En resumo. A Voz minte máis que escrebe, pero só nos damos conta os do BNG que somos os máis listos, altos e guapos. E non todos, posto que perdemos unha chea de votos... ¿E que tal un pouco de autocrítica?

22 tinto

Tarde piamos. Na vindeira vez xa non nos van coller nas verzas.

21 un

"Por unha vez que a Coz fai unha campaña informando poñemos o berro no ceo. Hai que animala a que siga nesa linea de denuncia do exceso e o caciquismo."

Meu estimado amigo Plauto, terías toda a razón do mundo se non fose porque La Voz só fala de algúns, non de todos. Ós do PP non os trata coma ós do BNG, por un problema ideolóxico obviamente. Como pode ter collóns Feijoo a dar leccions de ética con traspasos de poderes e gobernos en funcións, porque La Voz non lle cala a boca coa súa propia hemeroteca?, porque feijoo doulle TV TDT co goberno en funcións e é de ben nacido ser agradecido...

La Voz de Galicia tan só foi obxectiva co PP e dixo toda a verdade nunha ocasión en 16 anos de fraguismo, foi cun problema onde as loitas de poder dentro do PP provocaron indignación ata na súa prensa afín. Foi na crise do PRESTIGE. Durou tan só 2 meses a tregua de verdade informativa. E puxo no Obradoiro a 250000 persoas nunha manifestación.

Cando o señor Latorre mandou parar voltou la voz ó rego, e xa se lle fixo unha campaña de difamación a Nunca Máis como se esperaría nun medio como La Voz. Este tipo de espellismos fan ver ás claras o poder deste medio.
Máis "sic transit gloria mundi" , de agora en diante convence a menos que hai 6 meses...

20 anónimo

Que os do BNG boicoten a Voz é algo lóxico, despois dunha campaña de calumnias que duros seis meses, agora o recomendable sería que tamén a boicoteasen os do PSOE, porque gracias a Voz, o PSOE non goberna na Xunta.

Que o PSOE se mentalice que mentres haxa Voz non haberá gobernos do PSOE estables.