A influencia da Voz nas eleccións do 1M

Despois das críticas dos principais dirixentes do nacionalismo cara ao papel de La Voz de Galicia durante a pasada campaña electoral, hai quen xa se encargou de facer un informe sobre o impacto que as informacións deste xornal tiveron nas pasadas eleccións autonómicas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/03/2009 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

None

O nivel do retroceso, medido en porcentaxe do censo electoral (non de votos emitidos), é maior nas catro comarcas da provincia da Coruña nas que máis se le La Voz. A partir de aí e con audiencias decrecentes figuran o resto de comarcas orgánicas do BNG, primeiro as do resto da Coruña e finalmente as da área de influencia de Vigo. Seguindo esa ordenación, case en paralelo á distancia en Km á cidade coruñesa, atopamos, en xeral, caídas moito menores e mesmo algúns incrementos. As principais excepcións a esta correlación case lineal entre incidencia de La Voz e retroceso do BNG atopámolo nas comarcas máis urbanas, desenvolvidas e españolizadas.Ademais apunta causas e culpables:

Visto isto xa me tarda que todas aquelas persoas, de dentro e de fóra do BNG, que pretenden empregar os resultados das eleccións autonómicas para xustificar, só onde lles interesa, relevos na cabeza das candidaturas municipais do Bloque, comecen por asumir a súa responsabilidade na adopción dunha estratexia política (concurso eólico) e mediática (lanzamento inoportuno de Xornal) que foi a que en realidade condenou ao BNG a eses resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

29 liños

zzzzzzzzzzzzzzz

co aimerichiño perderanse uns cantos votos a maiores dos que xa voaron desta

28 Un Niguén

Pero que candidatos da comarca da Coruña?
Se na proprovincia da Coruña o Primeiro da lista era de Alariz, a segunda de Sarria, o terceiro de Vigo.

27 Emilio

los del BNG son de guantazo...trabajar un poquito, dejar de vaguear y de buscar excusas baratas

que tralla con La Voz...si la voz ayudaba al PP..a quien ayudaba el DOGA y quienes eran los beneficiarios!!

menos gritos en el desierto acerca de lo que hizo el BNG y más pensar en el futuro

26 anónimo

Ninguén vai denunciar como é que exe xornal recibe axudas públicas mentres recibe diñeiro de proxenetas a mans cheas?

25 anónimo

Xa que falamos da Voz, por que non comentamos as súas fontes de financiación?

O piso de esclavas sexuais que caeu hoxe na Coruña, levaba catro anos anunciandose no certo xornal coruñés, como é que permiten que ese xornal se financie grazas a prostitución?

En que sociedade vivimos?