A influencia da Voz nas eleccións do 1M

Despois das críticas dos principais dirixentes do nacionalismo cara ao papel de La Voz de Galicia durante a pasada campaña electoral, hai quen xa se encargou de facer un informe sobre o impacto que as informacións deste xornal tiveron nas pasadas eleccións autonómicas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/03/2009 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

None

O nivel do retroceso, medido en porcentaxe do censo electoral (non de votos emitidos), é maior nas catro comarcas da provincia da Coruña nas que máis se le La Voz. A partir de aí e con audiencias decrecentes figuran o resto de comarcas orgánicas do BNG, primeiro as do resto da Coruña e finalmente as da área de influencia de Vigo. Seguindo esa ordenación, case en paralelo á distancia en Km á cidade coruñesa, atopamos, en xeral, caídas moito menores e mesmo algúns incrementos. As principais excepcións a esta correlación case lineal entre incidencia de La Voz e retroceso do BNG atopámolo nas comarcas máis urbanas, desenvolvidas e españolizadas.Ademais apunta causas e culpables:

Visto isto xa me tarda que todas aquelas persoas, de dentro e de fóra do BNG, que pretenden empregar os resultados das eleccións autonómicas para xustificar, só onde lles interesa, relevos na cabeza das candidaturas municipais do Bloque, comecen por asumir a súa responsabilidade na adopción dunha estratexia política (concurso eólico) e mediática (lanzamento inoportuno de Xornal) que foi a que en realidade condenou ao BNG a eses resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

19 Un lector

Parece que o caracter de Santiago Rey non é o dunha persoa moi afable que digamos, ante esa situación non é extrano que o xornal que dirixe se mova en base ás suas fobias e favoritismos, non hai mais que ler o artigo que publicou La Region e que adxunto sobre a persoaxe ( http://perfectoconde.blogspot.com/2... . Adicarse a publicar medias verdades con titulares perfectamente estudiados e ocultar outra información ou incluso os desmentidos de ditos titulares vaise estudiar nas escolas de xornalismo como exemplo do que non é a etica xornalistica, por que unha cousa é denunciar excesos ou malas practicas que para iso esta o xornalismo, e outra é manipular a realidade que foi o que fixo e fai La Voz en aquelas cousas que estima preciso o señor Santiago Rey, e isto por suposto é criticable, e é o que se lle está a criticar hoxe en dia por toda Galicia por parte da sociedade mais informada e non só polo BNG (neste caso obxecto das fobias do señor Rey), pero bueno, é a liña que escolleu este señor para o seu negocio. Agora ben, se parte da sociedade empeza a criticar este feito, será con razón un xornal que fai isto non se poderá escudar na independencia do xornalismo, por que o que practica La Voz non o é, igual que tampouco o é o que fai Jimenez Los Santos en La Cope. Non se pode manipular e apelar á labor xornalistica cando se critica este feito, iso ten un nome, cinismo .....

18 soneu

A ver, un pouco de cordura, cantas persoas leen LA Voz e das que leen o periódico de A Coruña cantas lle fan caso?; si a estas alturas La Voz tivo algo que ver, Rey pode estar contento

17 Plauto

Por unha vez que a Coz fai unha campaña informando poñemos o berro no ceo. Hai que animala a que siga nesa linea de denuncia do exceso e o caciquismo.

16 un

Porque premiaron a Jacinto Rey co 29% do maior proxecto inmobiliario de Europa chamado plan Chamartin?, este proxecto costa máis que o presuposto da xunta dun ano.. Porque o premiaron tamén alí, se a adxudicación se fixo por Espe e Gallardón?, porque alí foi unha adxudicación limpa e un 8º posto no concurso eólico con un 5% do que se repartía foi unha brutal connivencia empresarial.
De fraga con iberdrola e fenosa xa nin falo, sería un argumento tan fácil...
Ou de que Feijoo co goberno en funcións dou as dúas cadeas de TDT autonómicas que podía dar a xunta á COPE e a LA VOZ DE GALICIA, tampouco falo, serían argumentos tan fáciles que os entendería un neno de 6 anos. Que non fose sectario coma algúns por este foro claro...

15 anónimo

Pero que impulso nin que lerias, que a xente non quere decretos, coño, que non nos enteramos. Concursos eólicos limpos? veña anda, un empresario do ladrillo invertindo en ruinosos xornais e semanarios de ideoloxía pronacionalista que sae na foto e resulta premiado??? limpo? Verdades como os puños co dedo grande erguido.