Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/02/2018 | Actualizada ás 10:34
Imaxes de satélite das cidades galegas como nunca antes se viran, cunha claridade extraordinaria grazas á plataforma Sentinel 2 Cloudless, na cal é posible obter un mosaico de imaxes de calquera parte do mundo totalmente limpas de nubes e de calquera impacto atmosférico, tomadas polo satétile Sentinel-2 da Axencia Espacial Europea (ESA).
A compañía EOX IT Services GmbH lanzou recentemente un mapa interactivo do mundo usando imaxes satelitais da Terra capturadas entre maio de 2016 e abril de 2017. O mosaico combina máis de 80 billóns de píxels de imaxes (ao redor de 250 terabytes de imaxes).
O visor, no que se pode visualizar o mosaico da Terra, libre de nubes e na súa totalidade grazas ao procesado por defecto das súas imaxes para acceder a calquera recuncho da Terra sen perder de vista nada por mor das nubes, foi elaborado con ferramentas de código aberto por EOX co apoio da ESA.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.