O efecto VOX tamén chega a Galicia

Feijóo defende un pacto con esta formación, a pesar de que supoña a bendición da ultradereita en España, mentres que os grupos da oposición alertan da chegada do “fascismo” ás institucións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/12/2018 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O efecto VOX tamén peta ás portas da política galega. A pesar de que este partido supostamente é residual en Galicia, sen estrutura máis alá da Coruña e Vigo, o certo é que o acontecido en Andalucía, onde entrou no Parlamento con doce escanos e case 400.000 votos, fixo saltar as alarmas en todos os partidos. E Galicia tampouco foi unha excepción.

Nun país no que, agás varios anos de gobernos tripartitos e bipartitos, o PP monopolizou o poder, a chegada de VOX semella non ter causado moita alarma ao presidente da Xunta que mesmo non descarta un pacto con eles en Andalucía. Unha opinión moi diferente a que manteñen os grupos da oposición, que alertan xa do perigo de que un partido abertamente de extremadereita chegue ás institucións.

Alberto Núñez Feijóo reiterou este luns en Madrid que o PP gañou as eleccións andaluzas, a pesar de perder nove escanos, e apostou por  buscar unha alternativa ao goberno do PSOE, que sufriu "unha desfeita histórica". "Os andaluces merecen un goberno, votárono nas urnas, dixéronlle á esquerda que non queren que siga gobernando e hai unha opción clarísima para que haxa un goberno distinto ao que houbo desde que lembramos", destacou.

Unha opción que pasa por un apoio da extremadereita do partido VOX, algo que semella non importarlle a Feijóo que, en vez de criticar a esta formación, acusou directamente ao Goberno de Pedro Sánchez e aos nacionalistas de estar detrás da súa aparición. “A aparición deste partido é froito dun Goberno de España sometido ao que digan os independentistas de Cataluña, sometido a Bildu... É un produto, na miña opinión, basicamente da esquerda", sinalou. Este mesmo domingo, o seu número dous, Alfonso Rueda, quitaba importancia a esta formación e dicía que era "residual" en Galicia.

Manifestantes a favor de España, algúns deles ex militares, en Barcelona
Manifestantes a favor de España, algúns deles ex militares, en Barcelona | Fonte: Miguel Núñez

ESTÁ O PP CÓMODO COA ULTRADEREITA?

Desde os partidos da oposición a visión é completamente oposta e apuntan ao PP por permitir que un partido con tintes fascistas poida manexar a política andaluza. Por iso, pregúntalle a Feijóo se el mesmo estaría cómodo gobernando con este partido.

"Que lle parece gobernar coa extrema dereita colleita pola man?", espetoulle este luns a vicevoceira do BNG no Parlamento, Olalla Rodil que acusou aos populares de querer gobernar cunha formación "homófoba, racista, machista, que se quere cargar o movemento feminista dunha tacada". "Quere ir da man da extrema dereita, que nega os dereitos dos galegos?", suliñou Rodil.

Tamén no PSdeG ven con preocupación a chegada desta forza. “Non é bo para os andaluces e para España a entrada nas institucións dunha forza de ultradereita e isto ten que levarnos a unha reflexión profunda do que pode ocurrer cando non entendemos as claves da sociedade na que vivimos”, dixo o líder deste partido, Gonzalo Caballero.

En declaracións aos medios en Madrid, Caballero recoñeceu que o resultado non é positivo para Andalucía, nin para o seu partido, pola entrada desta nova forza. Unha situación que explicou polo desgaste do PSOE en Andalucía, pola abstención e por unha campaña electoral que Susana Díaz, dixo, centrou, sobre todo, “moi en clave andaluza e afastada dos logros do presidente do goberno”.

"FASCISMO"

Tamén o voceiro de En Marea, Luís Villares, sinalou que a chegada do “fascismo” ás institucións ven dada polo debilitamento do bipartidismo e unha abstención que prexudica á esquerda. “Os resultados do PP e do PSOE son malos, aínda que os primeiros tiren réditos dunha perda que vai obrigar a que calen co asunto de que debe gobernar sempre a lista máis votada. Para o PSOE a factura da corrupción en Andalucía tamén ten moito peso, pero en conxunto significa que os partidos que protagonizaban o bipartidismo están os dous nunha situación de perda de apoios constantes”, dixo

E, neste sentido, suliñou que a abstención en Andalucía garda moita relación coa aparición de Vox que “vai traballar nun sistema autonómico que quere  facer desaparecer”. “Pero esa contradic¡ción supón que temos que traballar moito máis en que non se perda a gana da cidadanía de participar”, dixo.

O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 FEIJOOVAIPOÑENDOBOINA

Vox non vai chegar. Aquí o PP xa é Vox. De feito os madrileños sempre teñen que votar a un galego para que o seu fillo (do estilo de Casado, o Pequeño Nicolas, o Froilan, o fillo de Barcenas, Juan Carlos I, etc) asiduos en prostíbulos non boten todo a pique coas suas decisións de "barcos e Prostitutas". Feijoo, vai poñendo Boina, ou non ves a Susana?

8 Carlos Quintanilla

Llegará Vox bien pronto. Alguien tiene que sanear el caciquismo del PP.

1 Trevo

É unha opinión xeneralizada que as eleccións europeas, municipais e autonómicas simultáneas non favorecen a Vox. O partido verá dificultada a súa labor en canto a presentar candidatos, ata o punto de non poder nunha gran parte de España. Tería, non obstante, o partido de Abascal ó seu favor a circunscripción única para as europeas, nas que sería máis doado conseguir un diputado (a diferenza das xerais).

7 nostrus

O feixismo non é de ningunha ideoloxia concreta, abonda con ser totalitario e intolerante para ser feixista e cabe sinalar que a ultradireita quen a despertou foron principalmente os separratas catalans (xa llo dixo Felipe Gonzalez a Mas nun debate na sexta). Que se anden con ollo non vai ser que entre Vox con forza no Parlamento Español e saberan o que vale un peine.

1 psapsa

Non é unha ideoloxía concreta no imaxinario comunista (que tamén fala se socialfascistas para os socialistas), pero por suposto que ten contido: é unha ideoloxía panteísta que tenta implantar un estado corporativo moi absorbente do individuo. Outra cousa é que se vacíe de contido para usar fascismo e fascista como insulto. De acordo no último: o fascismo non é nunca un momento primeiro, é un momento segundo. Non é unha acción, é unha reacción. Nos como UK onde o comunismo foi residual, tamén o foi o fascismo. Aínda que Vox non sexa fascista, pódeselle aplicar o que acabo de dicir para o fascismo: é unha reacción. Pero tamén a Cs, que colle forza contra os desvaríos independentistas.

2 nostrus

psapsa. En lo de reaccion y momento segundo tienes algo de razón, de hecho en la Alemania de los años treinta sucedió algo parecido cuando creció el nazismo a causa del malestar reinante, pero que te quede claro que fascismo es cualquier ideologia totalitaria e intolerante. En cuanto a lo de C´s, si bien es cierto que coje fuelle a causa de los desvarios independentistas, no es totalitario ni intolerante porque respeta al adversario, la diversidad y la realidad y su ideario lo plantea, como la inmensa mayoria de partidos, dentro de las reglas de juego, sin atajos ni golpes en la mesa como hacen los separratas catalanes. De hecho Podemos es de la calaña de Vox, pero de ideologia opuesta y si uno es de extrema derecha, el otro lo es de extrema izquierda.

6 Bernardo

Como hai quen en nome dun erróneo e inxenuo concepto de democracia afirma que todas as opinións son respetabeis? Non lembrades aquelo de "El huevo de la serpiente"?

1 psapsa

Recoméndoche o libro Como morren as democracias e o seu test. As democracias morren cando se fomenta ou tolera a violencia; cando se acepta de xeito débil as regras democráticas existentes; cando hai predisposición a limitar as liberdades públicas, en especial a de expresión dos medios de comunicación; e tamén... cando se nega lexitimidade ao adversario. En todo iso pode recoñecerse a Podemos e as súas marcas brancas; en parte ao PSOE (Carmen Calvo querendo facer censura dos medios coa desculpa das fake news; tentando ilegalizar fundacións e asociación franquistas, etc.) e en parte a Vox aínda que en menor medida, polo que atinxe a ilegalizar organizacións independentistas. Todas as opinións son respectables, salvo as que inciten ao delicto, as que calumnien ou inxurien.

5 uu1

O problema non é que chegue vox, o problema e o que están a propor os outros partidos. Eu votarei en negro nas próximas eleccións. Castelao xa nos dixo no Sempre en Galiza: “Non esquezamos que o sistema totalitario vén sendo —quéirano ou non os demócratas hespañoes— a forma acabada e perfeita do centralismo.” Mais unha vez: para cando un “Partido Galeguista como abandeirado de tódalas reivindicacións da Nosa Terra...” cita do Sempre en Galiza de Castelao.