Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 12:01
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, suxeriu este luns en Lugo "cambiar a norma" para abordar o movemento de 'okupas', que na capital luguesa levou á mobilización aos veciños das Gándaras ante a ocupación de catro vivendas.
Cadenas puntualizou que "a Xustiza ten que dar resposta desde as normas, nese sentido o que non se pode é ordenar un desaloxo sen a cobertura legal, sen unha resolución xudicial firme que ordene o desaloxo, xa sexa en vía penal xa sexa en vía civil".
Ademais, incidiu en que "a resposta xudicial ten que ser o máis inmediata posible, pero desde as mesmas normas legais" que hai. "Se son insuficientes ou revelou a realidade actual un problema en que a norma non cobre suficientemente as necesidades actuais o que hai que facer é variar a norma", sostivo.
Con todo, o presidente do TSXG subliñou que "a esixencia ao órgano xudicial é desde que hai unha resolución firme de desaloxo, xa sexa en vía penal ou en vía civil para que se execute o máis inmediato posible".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.