Seis detidos en Galicia e tres en Paraguai nunha operación contra a trata de mulleres en Santiago

A operación "aínda está aberta e están detidos un español e cinco estranxeiros", detallou o delegado do Goberno.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/04/2019 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

Nove persoas foron detidas en Galicia --seis-- e Paraguai --tres-- nunha operación contra a trata de mulleres levada a cabo en Santiago de Compostela pola Policía Nacional.

Así o confirmou este mércores o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, en declaracións aos medios en Lugo, nas que apuntou a unha rede que captaba mulleres en Paraguai e traíaas a Santiago, onde eran obrigadas a exercer a prostitución.

Losada incidiu en que este operativo "está baixo segredo de sumario". "Vanme a perdoar que non poida dar moitos máis datos, pero si confirmar que en Galicia hai seis detidos. É unha actuación que se fixo conxuntamente coa Fiscalía de Paraguai con outro tres detidos en Paraguai", relatou.

A operación "aínda está aberta e están detidos un español e cinco estranxeiros", detallou o delegado do Goberno. Preguntado sobre os arrestados, reiterou que o operativo "está en fase operativa" e hai "segredo de sumario". "Cando se poña a disposición da autoridade xudicial e cando o xuíz o permita daremos toda a información", asegurou.

Fontes policiais explicaron a Europa Press que a operación a levou a cabo na capital galega a Brigada de Estranxeiría en colaboración con axentes doutras unidades, algúns desprazados desde Madrid, baixo a coordinación dun xulgado compostelán.

FELICITACIÓN

Por iso, o delegado do Goberno en Galicia unicamente sinalou que a "operación está aberta para todas as ramificacións que podería haber". "Vanme a permitir tamén felicitar á Policía Nacional polo traballo realizado que permitiu en escaso tempo desmantelar dúas redes de trata de mulleres, unha na zona de Ferrol e outra en Santiago", concluíu.

Nove detidos
Nove detidos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Sentidiño

Un deles da pandilla de Rajoy en Sankhenkho...