O GC fala con Eva Cameán, propietaria da libraría Clarión de Carballo, que se fixo viral nos últimos días en Tik Tok por respostar ás críticas recibidas por falar en galego nos seus vídeos.
  comenta   0
"A xente nova ve nas persoas que saen nas pantallas e nas redes sociais referentes dignos de imitar, molóns, persoas que marcan tendencia... E, entre eles, evidentemente, o peso do castelán é asoballante", expón o tamén investigador do ILG. "Urxe protexer aos mozos que falan galego; sen base de falantes, perdemos o futuro da lingua", advirte.
  comenta   2
Algúns perfís como o de @pradorua, @konachadas, Rodri Miguez ou Gabi G realizaron vídeos tras os resultados da enquisa do IGE.
  comenta   3
Para a tamén investigadora e profesora de futuros mestres de Infantil e Primaria na facultade e Educación e Traballo Social de Ourense (UVigo), "é alarmante o labor desgaleguizador que está exercendo o ensino dende hai uns anos", concretamente, dende a entrada en vigor do Decreto do Plurilingüismo.
  comenta   0
Pontón responsabiliza ao PP de que "a superviviencia" da lingua galega estea "en risco" e o PSdeG fala de "situación límite". O PP destaca que "non baixa o número" de galegofalantes senón a "porcentaxe": "Nunca o galego tivo máis falantes". O PSdeG avisa dunha situación "límite".
  comenta   0
Recopilamos nun vídeo diferentes testemuños de neofalantes que reivindican a lingua propia como unha "arma", "identidade", con proxección, máis aló dos prexuízos.
  comenta   0
A Mesa tramitou 1.129 expedientes o pasado ano diante de entidades públicas e privadas en defensa do dereito ao uso do galego. Entre as empresas privadas, Vodafone e Naturgy son as máis demandadas.
  comenta   0
Os centros educativos teñen ata o 25 de abril para inscribirse nas carreiras polo galego que se celebrarán en once localidades.
  comenta   0
A filóloga galega María Pérez Lago elaborou o seu traballo de fin de grao (TFG) sobre os comentarios que a 'tiktoker' de Fisterra Alba Castro (@mamatopa_alba) recibía no seu perfil por usar a 'gheada' e o 'seseo'. Así nolo conta.
  comenta   3
O debate a Vinte e sete sobre os avances para o recoñecemento do catalán, eúscaro e galego na UE previsto este mércores en Bruxelas resolveuse en menos de cinco minutos sen que ningún dos ministros na sala tomase a palabra tras escoitar a exposición do secretario de Estado para a UE, Pascual Navarro, e seguir pendente a avaliación legal, financeira e práctica que piden os socios para examinar a fondo o asunto.
  comenta   0
"Os avances cara á plena oficialidade do idioma galego en todos os niveis políticos e administrativos non supoñen outra cousa que progresos cara á reparación da inxusta marxinación histórica do noso idioma", di nunha declaración institucional.
  comenta   0
"Non creo que vaiamos ampliar o número de linguas que se usan de forma oficial na Unión Europea", resolveu o ministro de Asuntos Exteriores de Letonia á súa chegada á reunión de ministros da UE en Luxemburgo.
  comenta   0
O coordinador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, o académico Henrique Monteagudo, ve necesario "un amplo pacto pola lingua" que "recosa os imprescindibles apoios políticos e sociais", pero non para "aplicar remedios pasaxeiros, senón medidas eficientes". Esta é a súa opinión publicada na tribuna de academia.gal.
  comenta   0
Víctor Fernández Freixanes defende no IX Congreso Internacional de la Lengua Española a pluralidade cultural e lingüística.
  comenta   0
Henrique Monteagudo fai unha chamada de atención á Xunta, ás administracións locais, a toda a comunidade escolar e ás familias ante a perda de falantes, sobre todo, entre os máis novos.
Este novo portal web pretende ser un punto de encontro dos que consideran que se pode vivir en galego a pesar de educarse noutros idiomas.
  comenta   0
É unha realidade case tautolóxica que o uso das diversas linguas non se axusta con exactitude ás fronteiras administrativas. É unha evidencia científica, ratificada dende os tempos de Dámaso Alonso nos anos 40 do século XX por todos os dialectólogos, que o galego que falan uns 40.000 cidadáns asturianos (5% da poboación das Asturies) dos 19 concellos do oeste do Principado é unha variante dialectal do galego, o galego oriental, que partillan tamén os galegofalantes do Berzo e da Seara (administrativamente en Castela-León) e os galegos da parte máis ao leste da Galicia administrativa.
  comenta   0
A Comunidade de Montes de Couso está a impulsar un 'Bosque da Lingua', un lugar para a divulgación medioambiental e o achegamento á lingua galega. Máis outra iniciativa dunha comunidade que converteu un vertedoiro nun lugar onde devolverlle ó valor ao monte. O labor dos comuneiros foi recoñecido pola propia ONU.
  comenta   3
Promover ou utilizar uma normativa ou outra para uma língua não tem que ver com as qualidades morais pessoais dos que a promovem ou sustentam, senão com posicionamentos político-culturais acertados ou desacertados; e eu considero que a eleição da normativa atual do galego é muito desacertada. Quando eu comecei a utilizar a normativa do galego internacional ou reintegrado, aludi a que era uma questão política, igual que a minha própria, se bem considero que a minha opção é muito mais favorável para o devir do nosso idioma.
  comenta   0
Román Rodríguez gábase de usar castelán e galego "con total normalidade" tras as peticións da RAG para derogar o polémico decreto.
  comenta   4
Galicia precisa de referentes de éxito.
  comenta   0
A mobilización, celebrada en Oviedo, pide o recoñecemento da lingua porque "amplía dereitos e liberdades".
  comenta   0
Un estudo da RAG evidencia un efecto desgaleguizador desde o sistema educativo. A investigación realizouse entre 2.000 familias e traslada datos preocupantes.
  comenta   0