ELECCIÓNS.- Chega a hora de Touriño e Quintana

Logo da viaxe do presidente galego a Arxentina e Uruguai, chégalle o turno ós candidatos da oposición. O do PSOE, Emilio Pérez Touriño, viaxará o vindeiro sábado a Bos Aires, mentres que o do BNG, Anxo Quintana, o fará un día despois. A visita a estes dous países será case relámpago, un día en Arxentina e outro en Uruguai, pero dará para moito. Ambos os dous reuniránse co presidente uruguaio, Tabaré Vázquez. Quen parece que non os recibirá será o arxentino, Néstor Kichner, a pesar das múltiples xestións do Goberno Zapatero. Pero en Arxentina coincidirán os tres partidos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/05/2005 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

None

Segundo nos comunican dende a capital arxentina, o vindeiro domingo, os catro mandatarios locais realizarán unha gran xuntanza galega no Salón "Martín Fierro" seguindo o estilo do presidente Manuel Fraga. "Allí se encontrán todos los emigrantes gallegos y descendientes de la Costa da Morte, con sus Alcaldes, y todos juntos compartirán un "Copetín Criollo". Les acompañarán autoridades y representantes del Partido Popular de España en Argentina", sinalaron a este xornal.

Esta visita completa a que mantivo o pasado domingo o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, que recibiu o título de "Visitante Ilustre" da Asociación Hijos del Ayuntamiento de Boiro.

PSOE E BNG

Tamén na capital arxentina está a responsable de Emigración do PSOE, Marisol Soneira dende mediados deste mes. Dende alí estivo preparando a viaxe de Touriño e tamén participiou nas reunións que esta fin de semana mantivo o embaixador especial para as relacións coas comunidades españolas en Iberoamérica, Miguel Cortizo, que visitou hospitais españois e centros galegos durante a pasada fin de semana.

Por outra banda, Quintana estará acompañado na súa viaxe a Arxentina polo alcalde de Rairiz de Veiga, Xaquin Rodriguez Ambrosio, que está en Bos Aires dende o pasado 19 de maio. Logo será o concelleiro de Corcubion, Rafael Mouzo, quen visitará Bos Aires entre o 24 e o 31 de maio.

"Rafael Mouzo es una de las personas mas conocedoras de la realidad de la emigración gallega en Argentina, ya que durante muchos años, en el período en que fue Alcalde de Corcubión, durante casi un cuarto de siglo, visitó a la Colectividad, fue promotor de diversas iniciativas con los exiliados, otras de carácter cultural, y fue la primera persona que lanzó la idea de la creacion de la Conselleria de la Emigracion en el Gobierno gallego, iniciativa que trasladó Mouzo al Presidente Fraga en 1993, y que posteriormente el PP asumió como propia. Asimismo, fue un arduo defensor del derecho a la asistencia social y medica gratuita", cóntannos dende Arxentina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta