E que pasa con Fraga?

A ausencia de Fraga no acto de proclamación de Feijóo como candidato do PPdeG á Xunta deu que falar e non só entre os xornalistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 24/11/2008 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

None

Un símil que pretende deixar claro que a cuestión da edade non ten que ver coa militancia política. E é que Fraga leva meses apartado dos grandes actos do partido en Galicia. Unha decisión que se adoptou na dirección do partido en Galicia e que aceptou, aínda quen sen querelo, o ex presidente da Xunta. "Onte máis que nunca sería un día para homenaxear a quen deu tanto por Galicia e por este partido", asegura este dirixente ó referirse, precisamente, a festa de aniversario do de Vilalba. "Non lembrades os xornalistas o moito que disfrutaba cando lle celebrabamos os anos na súa víla natal?, imaxinades o que sería cantarlle o cumpreanos aquí, con toda esta xente?". Pero a dirección popular non quería que se lle roubara protagonismo ó líder indiscutible deste acto.

Non son poucos os populares da vella garda de Fraga que non ven con bos ollos o poder que un sector do partido está acumulando e que utiliza para "arrinconar" ó outro. Os "fraguistas" levan tempo en caída libre pero aínda se resisten a que a figura do seu mentor sexa minimizada. "Detrás de todo isto está Romay e a súa camarilla", indica outro ex conselleiro con Fraga ó referirse ao ex conselleiro e ministro de Sanidad, José Manuel Romay Beccaría, representante en Galicia do sector ultracatólico do PP e valedor dos intereses do Opus neste partido.

E semella que Feijóo "deixa facer". Os seguidores de Romay son os que máis poder están acumulando no organigrama do PP galego dende que o ex conselleiro de Política Territorial asumiu a dirección do seu partido. Por iso, non resultou extrano ver a Beccaría e algúns dos seus valedores, sentado a carón dos principais dirixentes do PP.

As mencións a Fraga e a Cuíña non deixan de ser anedóticas nun congreso deseñado para arroupar ó novo dirixente do PP e cortar calquera tipo de lazos co pasado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

8 Odesempre

Feijoo ten moi mala imaxe, un individuo que foi de segundo dun vello de 82 años as eleccións, ten pinta de todo menos de lider dun partido.

É o momento de Ana Pastor.

7 Voltaire

Un, Xerardo Fernández Albor ten 91 anos, non 81...

6 un

Sabíades que Fernández Albor ten 81 anos, é dicir é mais novo que Fraga cando se presentou ás últimas autonómicas.
E logo non poderían presentar de novo a Fernández Albor coma candidato á presidencia da Xunta polo PP e pasar de Freijolito?, polo menos sería un candidato que coñecese alguén.

5 ludo

Postos a recordar.Alguen lembra como ninguneaba o candidato Fraga o ex-presidente Albor na campaña do 89.

4 Brandam

O cambio anunciado por BNG e PSOE vai mais lento que um coito entre duas tartarugas. Ainda assim, o partido do Habichuelo/Feijoo vai ficar a anos luz de voltar ao governo.