Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

102 Castelao is alive

Esmendréllome, Chaparello e Manza, os 3 da videirada, Cocó, Rañeta e Facada. Idevos foder, e Bouzada tamén.

101 chaparello

Por certo, o mesmo que fan os seus correlixionarios da U onde non teñen controlada a asamblea. A súa mediocridade, sobor de todo os que veñen de GalizaNova, lles impide facer medrar o BNG.

100 chaparello

anónimo acaso militas en Cambre? Amoedo e o seu grupiño o único que fixeron foi meter paus nas rodas, e perder nas asmbleas (menos mal).

99 noventaenove

ánimo que logo chegamos aos 100

98 lostrego

Esmendréllome: entendo daquela que non atopache un símil moi axeitado. E si que me alporizo porque coñezo a Amoedo dende fai moitos anos e sei coma traballa e como vive, e dende logo, non se fixo rico. E repito, non me refiro ó BNG en xeral onde hai de todo...