Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

92 Xes

pois a min paréceme que o máis próximo aos intereses dos galegos é o BNG: non defende os intereses das empresas madrileñas, aposta pola sanidade e educación públicas de calidade, polas políticas de benestar social, polos grupos galegos tanto públicos coma privados, etc. Se non ves moderación é porque o teu aparello está desenfocado. Mágoa que tamén sufran do mal tan espallado na actualidade que provoca casos críticos coma os de Leire Pajín ou Bibiana Aído, auténticas trepas que logo van de mulleres tenaces e loitadoras, auténtico descrédito para o feminismo e vergoña para as mulleres. Tamén hai moito no BNG de funcionarización e castas parasitarias. Será unha macrotendenza global.

91 V.M.S.

No BNG vese unha deriva radical últimamente. Coa crise financieira, os ortodoxos do marxismo andan envalentonados saínda das catacumbas. O outro día escoitaba a Aymerich falar das liñas do programa do bloque para estas eleccións, e era socialismo salvaxe puro e duro, control de caixas, máis expropiacións, máis impostos... xa temos un exemplo co plan de vivenda. E a UPG non só non retrocede senón que medra.

Toda esperanza dun Bloque moderado e próximo á realidade da sociedade esvaécese.

90 lostrego

Anónimo: podes chamar símil ou metáfora, pero para min dizer que cando ven a Amoedo hai que agarrar a carteira pareceme unha falacia amén dunha inxuria. Olla ben! falo de Amoedo, persona fisica, non do BNG, asi que estaria ben que tanto ti coma Esmendréllome derades datos para afirmar que Carlos Amoedo é un ladrón, de non ser asi sodes uns torpes mentireiros

89 San XEs

Xes, os menos preparados académicamente son os do bloque, con diferencia

88 anónimo

... chupa deiquí, mama da casa ¿lémbraste?