Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

87 anónimo

lóstrego que non te enteras ... a carteira é un simil moi certeiro do que está a acontecer cos salvapatrias que nos governan (ou será gobernan?)

se ti estás despistado moitos non. ao melhor ata te consideras ateo (o cal non é malo) pero sen decatarte, teñenche comidos os miolos os da secta ... e ti sen enterarte ... esperta rapas que as leiteira fai tempo que xa pasaron ...

86 Xes

a min paréceme que Lobeira non é un gran deputado pero Lage Tuñas é moito máis inútil. Xa se viu no debate de Correo TV. Outro inútil xenuino é o Gómez Alonso do PP. Por non dar nin deron rematado a carreira, e non estudaban aeronáutica precisamente. Coincido con algún por aquí. Non paga a pena rematar nada, para a política lixo que fai o PP e a política hipócrita que fai o PSOE abonda con ser analfabeto funcional coma a maioría dos seus deputados.

85 lostrego

Esmendréllome: Afirmas que Amoedo é un ladrón? Pareceme moi grave a acusación... agarras a túa carteira por que razón? tes medo que cha quiten?
Esclarexa isto, por favor, xa que das a entender que son delincuentes

84 ANONIMISIMO

NOOOOOOON, MILLOR ELEXIMOS AO LOBEIRA E TODOS A BEBER

83 anónimo

esmendréllome dalle duro que está o forno quente ... je, je, je, ... e visto como estan as cousas eu propoño que, o próximo presidente de galiza, sexa designado por aclamación popular e a título póstumo na persoa do cachondo do evaristo de san cibrao de palas de rei.

viva evaristo!!!