Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

77 EMILIO

“para nós é unha suite con distintos movementos”.HAHAHAHA, SERÁ SUITE NUPCIAL, POLO QUE HAI QUE TRAGAR, COMO SODES OS DA SECTA

76 chaparello

O de Amoedo é de escándalo. Un tipo que se adicou a facerlle a vida imposibel ao compañeiro que cogobernaba en Cambre e que quiso repetir coa Bugallo.

75 Esmendréllome

Oes, Guti, o de "para nós é unha suite con distintos movementos" quedouche fetén, meu. :-)

74 Guti

eu supoño e agardo que o farán razoablemente ben pero podiamos tirar un pouquiño máis arriba e facer unha escolla de xentes un pouco máis preparadas ca o Lobeira, a Pontón e outros do montón. Pero, cándo van botar a Lobeira á p_uta rue? Xa fede a súa inutilidade e sempre estea aí para ilustrarnos coa súa ecuaniminade, a súa oratoria, erudición, a súa educación, etc. Anque o López-Chaves é un border line no intelectual, o do Lobeira non tén nome. Que o manden a un gulag xa.
Nin tan Beiras nin tan calvo.
O que non entenda que hai unha maioría social galega e galeguista é que tén mal arranxo. O que moitos non aceptan é que as mesmas ideas desa maioría social son as que defende o BNG por riba de posicións ideolóxicas excluíntes. Esa mesma maioría é a que prioriza os temas galegos sobre os alleos e é a que non entende que os partidos estatais digan cousas en Galicia a prol dos galegos e o contrario en Madrid. O que para ti "picaraña" é un popurri para nós é unha suite con distintos movementos mais non agardo que o entendas.
Máis que picaraña, como moito chegas a Balcaide... e de alí como moito a dama do lago.

73 tinto

Creo que hai argumentario suficiente para que cada quen tire as súas conclusións. Pola miña banda sigo pensando que é un erro non contar con activos electoral e ideoloxicamente fortes como Ánxela Bugallo. De todos os xeitos o grupo parlamentar que resulte das eleccións vaino facer ben e contan co meu voto.