Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

2 tinto

Eu concordo que o de Anxela é un novo erro do BNG. Unha fermosa cabeza, por dentro e por fora, entregada en bandexa de prata a La Voz de Galicia coa anuencia dunha parte do BNG que non ten a valentía de por enriba da mesa a súa alternativa en política cultural, Cidade da Cultura incluída.

1 manolo

Dende logo, Ana Pontón ten moito maior poder de captación de votos que Ánxela Bugallo. A primeira estancouse nos seus oito anos de vacacións no Parlamento. A segunda, mal que lle pese a algúns, cargou co morto da Cidade da Cultura, e co rexeitamento dos seus propios compañeiros (Quin incluido), por compartir vida privada con quen non "debía".

O BNG erra con esa decisión. Igual que errou poñendo a Carme Adán de número 1 por Pontevedra. Tempo ó tempo.