Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

12 ulo_ulo

pincho, o quid da "the question" é ¿quenes son os membros da comisión de garantías? e ¿por quén está controlada?

meu, tudo atado e ... moi ben atado!!!

11 O Pincho

Non sei se sabedes que para Quintanaa UPG non é a UPG. A nova denominaión empregada polo portavoz nacional é "A maioría cooperante". Está abosolutamente entregado ás directrices marcadas polos marxistas-lenistas de palabra, nas cuestións fundamentais, pois no control da organización, no fariseismo, na mentira, no cinismo, si que son como os da KGB. O último exemplo témolo no que pasou na asemblea da Coruña o día 23 de decembro. Nesta asemblea un militante pediu que o voto fose secreto, que como se sabe por estatutos debe ser así cando o solicite o 20% dos asistentes. O resaltado foi que a responsábel comarcal non só non o permitiu, senón que se permitiu o luxo de dicir que a decisión do Consello comarcal estaba por riba da asemblea. Outro dato nesta asemblea estaban catro membros da Executiva nacional, a saber: o coordinador da mesma (UPG), o responsábel de finanzas (en teoría quintanista), o responsábel de organización(UPG) e a responsábel de comunicación(Entregada á UPG), que non manifestaron nin a máis minima opinión ao respecto. Patético Non?. A resposta da Executiva nacional é de xulgado de garda, diante da petición de rectificación dun grupo de militantes. Algún día haberá que dar a coñecer todo este affaire. Supoño que haberá que seguir os trámites para elevar a reclamación á comisión de garantías.
Tamén hai outros moitos nomes membros potenciados e pola U quenon teñen nin oficio nin beneficio e que só viven da cousa política, os cais nunca custionarán unha decisión tomada polo lider indicutible do pobo galego (Paco o referente de masas de Ferrolterra).
En fin que se os que queremos un BNG plural, integrador, asembleario e que defenda un proxecto común precisamos organizarmonos para dar a batalla na vindeira asemblea Nacional. Que así sexa!!

10 Casandra

O BNG ten un serio probelma hoxendía. Os aparatchiks da UPG; xentiña que nada fixo, nin nos estudos nin no traballo. Casos coma os de Rubén Cela, Ana Pontón, ou, o máis clamoroso de todos, BIEITO LOBEIRA.

9 anónimo

Algunha vez traballaron noutra cousa que non fora a política Ana Pontón, Bieito Lobeira ou Rubén Cela?

Se o sei antes apuntábame aos CAF cando estudiaba e agora quizais fora director xeral ou deputado autonómico, creo que me equivoquei.
Bueno, igual me matriculo este ano outra vez na universidade, métome nos CAF, borro o meu CV e me fago o tonto, que nunca é tarde.

8 tono

Quintana si quixera podía facer frente a Upg,pero prefire o camiño facil e pacta co Paco.
Que pena! unha noticia mais para seguir co desánimo ,os que participamos deste proxecto.
!Hai que abrirse a sociedade! dice Quin,, pois vaia apertura e renovación....soio para eliminar o que molesta,o dócil sigue a valer.
UNHA PENA..PERO ECHE O QUE HAI....