Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

7 SETEMBRO

Espero que Ana Pontón só sexa iso,a segunda de Quintana. Por suposto non é unha cuestión de machismo, senón de que creo que non está preparada, é bastante mediocre, de discurso aprendido e fáltalle coñecemento da "vida real"

6 Luvas

estaría ben que se aireasen os asuntos de entreperna dos dirixentes upegallos. Máis dun botaría as mans á testa e rasgaríase as vestiduras. Así e todo penso que o de Lobeira é un erro que siga, tanto por ter cumprido o prazo asignado no Parlamento, como polo traballo a desempregar cando se está a gobernar. É máis eficaz cando o BNG está na oposición. No caso de Pontón é un caso ben coñecido de trepicia, unha leal apparatchik da que nada se lle coñece de experiencia na vida civil, sen gran capacidade política, perfil baixo, etc. Como lle gustan a Paco Rodríguez, sen facerlle sombra. Tamén pode ser pola relación co Lobeira. Todo pode ser mais, postos a escoller entre Ánxela Bugallo e a Pontón... Por este camiño non sei onde imos ir. No lo sé, porque se me esqueció, chico.

5 anónimo

Os quintanistas son un grupo interesante demasiado inxenuo para a política e en quen o propio Quintana non confía, porque prefire amañar os temas importantes con Paco Rodríguez.

Dito isto, Quintana só pensa na súa figura e na súa supervivencia política. Se para iso ten que desfacerse dunha leal conselleira, pois non hai problema, nin agora nin nunca.

E, mentres, os quintanistas cabrearánse, pero xa se lles pasará nuns meses. Para empezar a ser respetables, deberían cambiar o nome.

4 David

Esta xente da UPG non parece desta época. Da a impresión que o que mais lle reprochan a Anxela é con quen comparte as sabas e non a súa xestión oun o seu compromiso ideolóxico. Isto ven de vello e lémbrame a situación pola que pasou Encarna Otero na súa época de concelleira de Santiago... Teño a impresión de que, coma a igrexa católica, para a UPG son mais pecados os da entreperna que os outros. Isto choca coa liberalidade con que os xefes upegallos dan satisfación as súas tendencias sexuais, no exercicio da súa liberdade. Un pouquiño fariseo me parece a min todo isto.

3 branco albariño

É certo que non foi bo o trato que o BNG tivo con Ánxela, á marxe de certos erros desta, tanto máis tendo en conta que foi a UPG, ó principio, a principal valedora de continuar co proxecto da Cidade da Cultura. E está mal criticar publicamente a compañeiros.
Sobre o descontento quintanista: é o que hai, colegas; o voso poder na organización básase no apoio que vos da a UPG, aínda non conseguistes encher o BNG de afíns.
E aínda acreditando na valía de Pontón e Lobeira non estou de acordo en que continúen no Parlamento; a renovación é sempre boa.