O rexeitamento a Feijóo inunda Santiago de paneis publicitarios: "grazas por pechar escolas e hospitais"

Compostela amence con ducias de carteis que subliñan o trato de favor do candidato do PP e presidente da Xunta a empresas como Ence ou La Voz de Galicia ao tempo que lle 'agradecen' irónicamente as subvencións millonarias á prensa "un mes antes das eleccións".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O rexeitamento ó candidato do PP á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, toma forma nunha campaña popular a escasos días da cita coas urnas. As rúas de Santiago de Compostela amenceron este xoves cos seus paneis publicitarios ateigados de mensaxes que vencellan ó presidente 'popular' con empresas como Mercadona, Ence, Endesa ou La Voz de Galicia.

Campaña contra Feijóo nos carteis publicitarios de Compostela
Campaña contra Feijóo nos carteis publicitarios de Compostela | Fonte: remitida

A campaña, disposta ao longo da capital galega -inclusive nos arredores da sede da Xunta de Galicia, no barrio de San Caetano- recolle uns 'agracementos' que pon en boca das empresas nomeadas. Así, no caso de Mercadona, o texto do cartel é: "gracias por deixarnos mercar o leite a 0'30€ o litro ós produtores para logo vendelo por 1'30€". No caso de ENCE apuntan "grazas por pechar escolas e medios do rural para substituílo todo por plantacións de eucaliptos".

Na mesma liña, a campaña -en principio, non vencellada a partido algún- fai fincapé nas subvencións recibidas por La Voz de Galicia -á que sitúan á par da consigna "grazas por doar ós medios de prensa dous millóns de euros un mes antes das eleccións"- e a eléctrica Endesa, que 'agradece' ó presidente 'popular' que lle permita "seguir enchendo todo de eólicos" á vez que "estafa ós galegos na factura da luz".

Esta campaña coincide tamén con outra nas redes activada hai semanas baixo o lema Byebyefeijóo. O seu obxectivo é denunciar a xestión política de Feijóo nos seus 11 anos de goberno á fronte da Xunta de Galicia. Baixo cancelos como #byebyefeijóo, #enonvolvas, #atéaquífeijóo, #feijóomalxestor ou #stopfeijóo, esta iniciativa popular busca visibilizar a realidade galega que deixan as políticas do PPdeG “que converten Galicia nunha terra queimada que precisa un cambio urxente”, sinalan na presentación da campaña.

Campaña contra Feijóo nos carteis publicitarios de Compostela
Campaña contra Feijóo nos carteis publicitarios de Compostela | Fonte: remitida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Braisiño

Pois moi mal deseñada: A maioría da xente quédase co: "Feijoo, Gracias...... " e nada máis. Unha campaña a favor de Feijoo. Quen deseñou esta campaña ?