Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 14:23
A deputada do PPdeG no Congreso, Marta González, denuncia que só 7.210 persoas das 40.370 solicitantes en Galicia perciben o Ingreso Mínimo Vital (IMV). Nun comunicado, expón que se resolveron 16.080 axudas, 7.210 concedidas e 8.870 denegadas. Mentres, 24.290 solicitudes aínda están pendentes de avaliación.
Deste xeito, censura que "é unha crueldade" que o Goberno central teña nun caixón o 60% das solicitudes do Ingreso Mínimo Vital". Así, a deputada popular reprocha que este apoio "tivo máis de propaganda de realidade", á vez que demanda máis medidas para axilizar a tramitación desta axuda nun momento no que moitas familias necesitan unha resposta rápida.
Por provincias, A Coruña é a máis afectada o atraso na tramitación. Só resolveuse un 34,8% de solicitudes (47,8% positivos e 52,2% negativos). No caso de Pontevedra resolvéronse un 43% de peticións (37,5% positivas e 52,5% negativas). En Lugo, resolvéronse un 49,7% (48,6% positivas e 51,3% negativas). En Ourense, resoltos o 51,5% (41,2% positivos e 58,7% negativos).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.