A Xunta non acepta que se prohíba matar o lobo: "é unha decisión abusiva e unilateral"

Di que a decisión do Goberno central afectará aos gandeiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2021 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros, tachou de "abusiva e unilateral" a decisión do Ministerio de Transición Ecolóxica que pode levar á prohibición da caza do lobo.

Nunha entrevista concedida a Radio Lugo-Cadea SER, Balseiros cualificou de "sinsentido" o veto á caza do lobo, que afectará os gandeiros que sofren ataques "de forma consistente e repetitiva".

Aínda que remarcou que este ámbito é competencia da Consellería de Medio Ambiente, lamenta que "se adopte unha decisión contando co voto de comunidades autónomas que non teñen esta afectación como Canarias". "Non ten sentido que se adopten decisións de forma unilateral sen contar con comunidades autónomas que teñen prevalencia destes animais en canto a número e intensidade sobre o territorio", agrega. "Pensamos que tería que ter participación nesta decisión o Ministerio de Agricultura, porque tamén é competencia deles a gandaría", sostén Balseiros.

Lobo morto en Monterroso
Lobo morto en Monterroso | Fonte: GES Monterroso.

AXUDAS A TRANSFORMACIÓN

Paralelamente, o director Xeral de Gandaría informou de axudas por 26 millóns para 91 proxectos de transformación e comercialización de produtos.

Balseiros destacou que a provincia de Lugo leva "o 40 por cento deste orzamento, con 10.100.000 euros destinados a 38 iniciativas que supoñen un 42 por cento dos beneficiarios en Galicia". "Isto demostra a importancia e a transcendencia da provincia de Lugo pola súa dimensión en canto ao sector primario: de agricultura e gandaría", resaltou finalmente este director xeral da Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gonzalo

Menuda banda de psicópatas. Os que coidan da fauna e repoblan o monte. Son un montón de mer..