Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 11:10
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou, sen precisar o día, que dimitirá esta semana como máximo mandatario autonómico, o que activará o proceso da súa substitución no ámbito institucional, que finalizará coa investidura e toma de posesión do seu sucesor, o actual vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, quen completará o proceso ao designar aos membros do seu Gabinete.
"Esta non será a miña última sesión de control, será a 'derradeira'", trasladou no Parlamento, na súa quenda de réplica a Ana Pontón (BNG), quen lle desexou sorte "no persoal", que non no político. Feijóo, que renunciará ao seu cargo nos prazos que xa avanzara e un mes despois de tomar as rendas do PP estatal no congreso extraordinario de Sevilla, comprometeuse a "seguir servindo aos galegos" en calquera que sexa o seu destino.
Previamente, por obrigación dos estatutos populares, tivo que dimitir como líder do PP en Galicia. Precisamente, para acometer a súa substitución no partido, o PPdeG celebrará o 18º Congreso extraordinario os días 21 e 22 de maio en Pontevedra, cidade natal de Rueda, quen tamén dirixe o PP provincial. Tras solicitar o apoio interno dos representantes das outras tres provincias e dos principais líderes do partido, Rueda anunciou que optará a dirixir a formación.
Nunca agradecerei dabondo a confianza e o cariño que recibín dos galegos e galegas.
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) April 27, 2022
Esta semana presentarei a dimisión como presidente da @Xunta pero sempre levarei con orgullo a miña condición de galego.
Alá onde estea servirei a Galicia. Sempre seguirei servindo á terra nai pic.twitter.com/u6Bhs5QL9f
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.