ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

59 tinto

Estudiar o pasado para interpretar o presente. Si, non foi Marx, foi o seleccionador español de futbol. Debín trabucarme de libro e lin o Marca. Como ti dis o estudio da historia ten que ser anacrónico.Nunca mezclar pasado e presente. O mesmo que fai Esperanza Aguirre co 2 de maio.

58 Esmendréllome

Dialéctica? Ti chámaslle dialéctica ao que non é máis ca dogmatismo e cerrilismo. Ah, infórmoche que Marx non é ningún xogador de fútbol nin ningún cantante. :-)

57 tinto

Meter no mesmo saco pasado e presente... non o dicía Karl Marx. Creo que a iso chámase dialéctica. Esmendréllome hai que ler algo, aínda que so sexa para non esquecer as letras.

56 Esmendréllome

Ese texto do Aymerich foi moi posterior ao escándalo montado por querer meter no mesmo saco o pasado e o presente, o Holocausto e a política actual de Israel.

As declaracións institucionais de condena do Parlament catalán e do Parlamento vasco non fan iso, separan as dúas cousas, porque é inmoral condicionar a condena do Holocausto a que se condene tamén a Israel, establecendo unha perversa liña de continuidade entre unha cousa e a outra.

Podía Aymerich facer o mesmo que fixera a vez anterior, na que si saiu aprobada unha declaración conxunta do Parlmento de Galicia na que non se nomeaba cuestións actuais. E despois presentar unha moción sobre a política actual de Israel. Estaría no seu dereito a facelo e non complicaría as cousas. Por que non o fixo? Pregúntenlle a el. Pero fixo moito dano ao BNG tal actitude, que foi coñecida e repudiada no mundo enteiro.

55 tinto

De acordo con "ínclito".