ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

49 tinto

Onde se negou a negar o Holcausto? En que comisión? Que documento se presentaba? Cal foi o voto? Ti non tes problemas de comprensión lectora, tes problemas de comprensión a secas. Non hai caso e non hai xeito de que o haxa. Así de simple como vai quedando claro.

48 Esmendréllome

Pero a ti que che pasa? Tes problemas de comprensión lectora ou que?

A ver, hom, le lentamente, vocalizando sílaba a sílaba o que dixen eu:

O BNG non nega o Holocausto. O BNG negouse a condenar o Holocausto.

47 tinto

Esmendréllome, paso de discutir algo que xa está claro. Non hai negación do Holocausto polo BNG.

46 Esmendréllome

Ti di que si, Tinto, ti di que si. Home non, claro que é como dis. O que pasa é que todo o mundo mundial andamos a perseguir e a criminalizar o BNG. Ti di que si, home, ti di que si. Que tes toda a razón. Sempre tes a razón. Pero es incapaz de respostar á pregunta que che fixen e saes pola tanxente. Algúns non sodes máis teimudos porque non ensaiades.

45 Macmillan

Eu fun nas listas municipais co BNG ao Concello da Ilha de Arousa, desde os meus 18 anos ate agora, e a expulsión parece-me aberrante. Umha cousa é propor un texto ou outro alternativo, e mesmo defender os dereitos do povo palestino, e outra ben distinta é a exclusión. Como dixeron arriba, hai moitas cousas das que pronunciar-se e que se calan.