18F.- O PPdeG revalidaría outra maioría absoluta, segundo unha enquisa de El Progreso

Máis dun 35% dos enquisados non sabe por quen se decidirá ou prefire non dicilo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2024 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O PPdeG revalidaría a súa maioría absoluta no Parlamento galego con entre 40 e 42 deputados, mentres que o BNG mantería os 19 escanos no mellor dos casos e o PSdeG continuaría como terceiro partido da Cámara galega con entre 14 e 17 representantes, segundo unha enquisa que publica o Grupo El Progreso, que abre a porta á entrada de Democracia Ourensá e de Sumar.

Con todo, esta sondaxe reflicte que, a menos dun mes para a celebración dos comicios autonómicos, preto dun 36% dos enquisados non sabe por quen se decidirá ou prefire non dicilo.

Por provincias, a enquisa mantén uns resultados similares aos que se rexistraron en 2020. Así, na Coruña, o PP obtería entre 13 e 14 deputados; o BNG, entre 6 e 7; o PSdeG, entre 4 e 5; e Sumar, entre 0 e 1.

En Pontevedra, o estudo outorga aos populares 11 escanos, e entre 5 e 6 tanto ao BNG como ao PSdeG. Mentres, en Ourense incorpora a posibilidade de que Democracia Ourensá, a formación do alcalde da capital das Burgas, Gonzalo Pérez Jácome, entre no hemiciclo. Ademais, augura entre 7 e 8 actas para o PPdeG; e tres a nacionalistas e socialistas. Así mesmo, na provincia de Lugo a enquisa estima que os populares repetirían o nove deputados e BNG e PSdeG quedarían entre 2 e 3.

Sobre a valoración dos líderes, a sondaxe do Grupo El Progreso, desenvolvido esta mesma semana, entre os días 22 e 26, sitúa ao líder do PPdeG, Alfonso Rueda, como o máis valorado, cunha nota de 5,9, seguido de José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), cun 5,5, e de Ana Pontón (BNG), cun 5,3. En canto ao coñecemento dos candidatos, outorga a Rueda un recocimiento do 86,1%; a Pontón, 80,9%; e a Besteiro, 61,4%.

Alfonso Rueda, Ana Pontón e  José Ramón Gómez Besteiro. / Europa Press / Europa Press
Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro. / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Que quererdes d’um povo que tem no seu refraneiro: “Chama-me cam e bota-me pam”; “Se mexam por ti, di que chove”