Nova mobilización nas Pontes para reclamar un "futuro industrial" tras o peche da térmica

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2024 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Decenas de persoas volveron a saír ás rúas das Pontes na tarde deste xoves para reclamar "unha transición xusta" que permita desenvolver na localidade pontina "un futuro industrial" tras o peche da central térmica.

Convocados por CIG, UGT e CC.OO., a manifestación partiu ás 20,00 horas desde a Praza do Carme para percorrer a localidade en vésperas de que finalicen os contratos das persoas contratadas para encargarse do desmantelamento da central de Endesa, que botou o peche definitivo o pasado outono. Os sindicatos censuraron o "incumprimento" das garantías de continuidade dos postos de traballo e a falta de concrecións sobre os proxectos industriais anunciados para asentarse nas Pontes tras o peche da térmica.

Acusan as administracións de manter unha "inacción sanguenta" ante os "incumprimentos" de Endesa e advirten que As Pontes atravesa "unha siutación límite". Ao termo da protesta, segundo recolle un comunicado, o responsable local da CIG nas Pontes, Óscar Maseda, demandou á Xunta e o Goberno central a adoptar "actuacións concretas e reais" para "obrigar" a Endesa a achegar "unha solución ao declive industrial, económico e social" da localidade e a súa comarca.

Protesta de traballadores e traballadoras nas Pontes
Protesta de traballadores e traballadoras nas Pontes | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta