O PP impón o rodillo e evita que Feijóo compareza para explicar as contracións coa empresa da súa irmán

Faino sen contar con ningunha aportación de BNG e PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2024 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O PP aprobou este venres en solitario o seu plan de traballo para a comisión de investigación dos contratos da Xunta en pandemia e con empresas como Eulen, entre outros asuntos, cuxa creación impulsou o BNG. Por tanto, haberá unhas 40 comparecencias, entre as que se inclúen ao actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pero non ao seu antecesor no cargo, Alberto Núñez Feijóo.

Así se aprobou na sesión da comisión convocada para a tarde deste venres no Parlamento galego, que o BNG buscou impugnar porque se convocou polo trámite de urxencia. O plan de traballo votouse tras un receso de media hora despois da intervención de cada un dos grupos, para saír a negociar. Finalmente, saíu adiante o plan do PP sen modificacións, pese ao intento por acordar unha transacción.

Comisión de investigación de contratos da Xunta en pandemia, reunida o 8 de novembro de 2024.
Comisión de investigación de contratos da Xunta en pandemia, reunida o 8 de novembro de 2024. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta